Os encontros do CSC: Rosa Fontaíña
Inauguramos os encontros do CSC con Rosa Fontaíña que falou dos malos tratos as mulleres.
Rosa Fontaiña é a presidenta da “Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo”.
Despois de agradecer a colaboración do Centro Social de Coia con este problema, pasou a falar das actuacións que é preciso tomar no caso de que haxa malos tratos. Pois está claro, que o que se está a facer non é suficiente.
“As mulleres, dixo, precisan que haxa máis xustiza para elas e non tantos estudios teóricos sobro o tema.
A sociedade ten un papel moi importante, pero por medo recea denunciar os casos que coñece, non se respeta o seu anonimato e iso traelle consecuencias.”
Rede
Actúa nas escolas e institutos con charlas de concienciación, pois considera que os problemas hai que atallalos dende a educación. Educar para erradicar estas conductas.
É preciso que haxa máis concienciación e formación.
Europa deu un aviso o noso país por ser onde máis violencia e malos tratos contra as mulleres se estan producindo. Fala de países, exemplo Canadá, onde a lei contra o maltratador e moi dura podendo perder o seu traballo, carné de conducir etc.
Listado publicado de maltratadores
Rosa non se mostra partidaria polo que supon de negativo para a familia e fillos do maltratador, pois quedan sinalados como fillos de…
A familia xoga un papel moi importante no caso da muller maltratada que recibe o apoio, en especial da súa nai.
Curiosamente, a familia do maltratador, sempre apoia iste persoaxe e non recoñece o que é.
Conclusións
Son precisas leis que castiguen verdadeiramente os maltratadores.
Policia especializada na protección das mulleres e aumento das plantillas.
Concienciación e formación nas escolas, institutos etc.
Seguir apoiando dende as administracións, asociacións e movementos de base na cuestión de malos tratos.
Falta máis xente nova, universitaria etc. que se implique.
REDE
É un grupo de voluntarias que prestan atención acompañando, asesorando e dando cursos de formación e concienciación , a tódalas mulleres que padecen malos tratos.
Dixo Rosa:
”Nunca se nomeou unha comisión de seguimento para ver que pasa co tema dos malos tratos e xa van 90 mulleres asasinadas no que vai de ano”.
Lexislación actual
“Axuda o que se fixo ata agora, pero é insuficiente como demostran as estadísticas de asasinatos. ”
“Non podemos dicir que as mulleres están protexidas contra o seu agresor, é preciso avanzar máis.”
A esta asociación poden dirixirse en:
remediadorasvigo@hotmail.com
Tamen nos teléfonos 986222328 e 606929137.
Herminia
o correo da rede é: redemediadorasvigo@hotmail.com
Graciñas