Os centros sociais da provincia de Pontevedra celebran na finca de San Roque o día dos Maios.
O día 3 de maio, despois duns días chuviosos pouco propicios para celebrar un acontecemento o aire libre, amañeceu un expléndido día que permitiu que un gran número de usuarios dos diferentes C.Sociais da provincia, acudiran a S. Roque a disfrutar.
O recinto para este tipo de eventos e moi fermoso, está moi coidado e é unha ledicia estar nel.
Por outra parte, a organización para dar cabida a tanta xente estaba moi ben.
Comenzaron as actuacións con
Cándido Pazó cos seus monólogos e o grupo A Roda coas súas cantigas. A continuación Pazó foi facendo a presentación das actuacións dos diferentes Centros, que non so levaron os maios, se non que nos obsequiaron cun repertorio de cancións populares e alguhas coplas con críticas moi revindicativas. Deste xeito, amenizaron toda a mañá ata o momento do xantar.
Deron para comer un bocata de xamón, unha laranxa, unha mazá e unha botella de auga a cada un dos asistentes. Moitos levaron da casa a comida e alí podíase mercar empanada ou polbo.
Despois do xantar disfrutamos descansado, charlando e comentando de todo o acontecido.
A tardiña, continuaron as actuacións de danzas e cantos ata as 7 do serán.
Rematada a festa, todo o mundo os autobuses para regresar cada un o seu Concello.
Copla grupo “Bohemios”
SOMOS O GRUPO “BOHEMIOS” DO CENTRO SOCIAL DE COIA ese centro popular onde podes atopar amigos con moita historía. Somos bos ou somos malos, deso non imos falar, vamos a cantar os maios e si botamos carallos teñennos que perdoar. Xa está chegando o ave, ainda non temos andén, pero temos un concello que posto a facer chapuzas farancho nun santiamén. Viñeron os de Fomento levaronos”O Berbés” e o ver tanta gaivota, cheos de viño dixeron aves Vigo xa ten. ESTRIBILLO Ave maría…por onde irá por Cuspedriños, pola Lanzada ou por Matamá. Por onde veña…que veña ben porque os pobres, se viaxamos vamos en tren. Os veciños de Coruxo sufren ca depuradora estan fartos de esperar, e tamen de respirar, a merda que bota fora. E como non lle fan caso vamoslle dar un consello, deberíanse xuntar, para mexar e cagar mesmo diante do Concello. |
ESTRIBILLO…AVE MARÍA…POR DONDE IRÁ… Mellor non está a cousa de residencias falamos moitas hai que son privadas, pero carollo do resto quedaremos como estamos. Os vellos hai que coidalos Alcaldesa enteraté porque de aquí a pouco tempo dentro ou fora do concello velliña te vas a ser. ESTRIBILLO…Ave María…por… Xubilado ten coidado co carné de pensionista, non te acerques o traballo, que por tocar o carallo hai xente que pasa lista, porque según o goberno xa che chega o que che dan. E se se acaba o diñeiro, toma nota compañeiro hai que comer menos pan. ESTRIBILLO…Ave María…por O político de Vigo cando necesita axuda todo é comida e festa´ e si non sae elexido nin xiquera te sauda. O Centro Social de Coia saúda para rematar. Disfrutade coma nenos, e de aquí a moitos anos nos volvamos a xuntar. |
O meu saludo pra o grupo bohemio do centro social de coia