Comeza o III Ciclo "Músicas Inmigradas" na Escola Municipal de Artes e Oficios.
O ciclo Músicas Inmigradas, adicado neste ano a Romanía e Uruguay, consiste en catro actividades de encontro e coñecemento mútuo utilizando a música como vehículo principal, que se celebran cada ano na E-Trad.
A primeira parte consistirá en demostracións musicais e de danzas rumanas os días 13 e 20 de maio de 18:30h a 20:30h. Romania e Uruguay.
Este ano contaremos coa presenza de representantes de Romanía, na primeira parte do Ciclo, e con representantes de Uruguay na segunda. Os invitados achegarannos ás súas tradicións musicais e danzas a través dunha serie de actividades nas que poderán participar tódolos asistentes.
A segunda xornada será de repaso das actividades e mostra da gastronomía do país, rematando festivamente cun intercambio cultural Galicia-Rumanía e Galicia- Uruguay.
Un puente cultural.
Ion Stan e Cristian Busuioc, da Asociación Puente Cultural Rumano Gallego, co grupo folclórico de dita asociación afincada en Santiago, serán os encargados de amosar o folclore e realizar actividades e demostracións musicais e de danzas rumanas os días 13 e 20 de maio de 18:30h a 20:30h.
Música afro-uruguaya.
E será a Comparsa “Urumundo”, membros da Asociación Uruguayos por el Mundo de Vigo, a protagonista da segunda parte deste III ciclo que se levará a cabo os días 3 e 10 de xuño co mesmo horario da primeira parte. Centraranse no xénero musical afro-uruguayo “candombe”, recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
Todo en la Escola de Artes y Oficios.
O ciclo ten lugar na sede da Escola, no Auditorio da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
Dirección: Avenida García Barbón 5.- 36201 Vigo.
A entrada é libre ata completar o aforo.
Fuente: Xornal Vigo.