Obradoiro literario “Nós tamén escritoras”

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de
inscrición para o seguinte Obradoiro gratuito:

Destinatarias: mulleres empadroadas en Vigo, maiores de 18 anos de
idade, que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber
como pensan as/os que escriben.
Obxectivos: Actividade formativa centrada na escrita literaria enfocada
dende unha perspectiva lúdica e participativa. Dende o primeiro instante
as participantes estarán creando textos literarios que serán publicados
electronicamente ao remate da actividade. Todas as mulleres asistentes
recibirán como agasallo dous volumes de obras escritas por mulleres do
catálogo Galaxia.
Contidos:
Obradoiro de escrita creativa
A práctica do relato breve
Crear personaxes
Obradoiro de poesía
Imparte: Francisco Castro
Colabora: Editorial Galaxia
Período e horarios:
Martes 18 e 25 de outubro de 18:00 a 20:00 h
Inscricións: na concellería de Igualdade a través do Tlf. 986 810 284 ou
persoalmente na 1ª planta do Concello de Vigo, por orde de inscrición e
ata cubrir as prazas. Prazas límitadas.

Germán

A %d blogueros les gusta esto: