Obradoiro de Filosofía “Roma”

romaAntiguaRoma.-  O Pensamento Estoico.
Caracterizada polo un réxime republicano colexiado (Senado e Cónsules/Cesares) como forma de goberno, que comeza no ano 509 a. C., cando se puxo fin á monarquía, Roma impúxose como potencia dominante da península Itálica sometendo os demais pobos. Máis tarde proxectou o seu poder fóra da península, o que a levou a unha serie de enfrontamentos coas outras grandes potencias do Mediterráneo, como Cartago (Norte de África) e Macedonia (Grecia e Turquía) aos que derrotou anexionándose os seus territorios, converténdose, así, na máxima potencia do Mediterráneo. Instituíuse de facto o Imperio, que alcanzará a súa máxima expansión no Século II d.C, converténdose Roma na capital do mundo. O territorio do imperio, en efecto, estendíase dende o Océano Atlántico ata o Golfo Pérsico, e dende a Britania ata Exipto.

Como foi posible isto?  Como podían estar os seus soldados trinta anos de servizo fóra da casa? Polas propiedades que lles agardaban ao final do seu servizo? Tal vez sexa porque actuaban pensando que cada día podía ser o último da súa vida.  Por que resistirse se todo remata?.  Por que escapar da morte se está me vai encontrar?.  Para que desprezar o momento presente e o que este me ofrece para a miña realización persoal?
Roma é a primeira civilización da historia que sabe como nace, se desenvolve e morre. Os romanos eran moi prácticos “comprometamos ós conquistados concedéndolles a cidadanía romana”. Superaban, del xeito, a cidade grega e impulsaban o imperialismo. Pero tamén eran prácticos noutros campos: “Se en arte e ciencia non podemos superar a Grecia copiémola”; e así fixo tamén en relixión aínda que cambiando o nome grego dos deuses por outro romano pois non competía polos deuses, máis ben ao contrario, pois as divindades máis importantes dos distintos pobos conquistados pasaban a formar parte do seu Panteón. E se os pensadores gregos se reuníanse a debater na ágora, os romanos facíano na estoa, que era o portal de entrada ós edificios. De aí provén a palabra Estoico que eran os pensadores que deron o nome de Estoicismo á doutrina filosófica que se apoia na vida harmoniosa cun mesmo, cos seus semellantes e coa natureza. Esta filosofía ou forma de entender a vida, ten dous fundamentos básicos:

coliseoromanonuevo1º.- Magistra Vita: A vida é unha Mestra, amorosa e firme: “Todo o que nos pasa é por algo que a vida quere ensinarnos”. “Nada hai que non poidamos soportar”. “O que nos acontece non son problemas senón probas”. E que é o que a vida quere que aprendamos? E a resposta é A Fortalecernos. Pero atentos, non no plano físico, do que xa sabemos a necesidade de fuxir dos seus apegos; a fortaleza debe ser na parte espiritual. A gran mestra é a natureza e as nosas vidas deben aprender dela e a súa constante renacer (primavera: prima vez. O zodíaco comeza en primavera con Aries). A igual que toda filosofía milenaria, saben os romanos que a natureza nos mostra tres reinos inferiores ao ser humano: o mineral, o vexetal e o animal. Polo tanto debe haber tres reinos superiores: o dos semideuses, os deuses e o de deus. O ser humano, centro da creación, debe elevarse a esta triloxía dos reinos superiores de igual forma que os reinos inferiores se elevan sobre a terra.

2º.- Dúas leis moven a vida: A lei da Finalidade e a Lei da Necesidade (Que no oriente milenario estudamos como Lei da Evolución, unha, e Lei do Karma, a outra). “O lume orixinal está en todo”. “O mal consiste na falta de coñecemento. Esta carencia é a causa da dor e só pódese sandar co coñecemento axeitado”. Non se pode desprezar o presente pois talvez non se teña outra oportunidade. Ante o desconcerto que podo facer aquí e agora? “A clave de todo está na vontade do ser humano: “ninguén nin nada pode impedir que actúes correctamente no que depende de ti”. “Somos responsables de como somos”. Debemos, xa que logo, aceptarnos como somos e dende este punto de partida actuar no que nos é posible mudar para buscar a sabedoría que nos axude a elevarnos espiritualmente.
De entre os filósofos estoicos ocuparémonos, proximamente e sempre co voso permiso, de tres deles: Epitecto, Marco Aurelio Antonino Augusto e Séneca. Ata entón que a vos acompañe esa sabedoría superior que o paso do tempo, pode ocultar, mais non é quen de destruíla.

Taller Filosofia

 

Roxelio

A %d blogueros les gusta esto: