O "Puto Coke" no Taller de Debates

O mércores día 11 de maio tivemos no Centrosociocomunitario de Coia, dentro do Taller de Debates. a interesante visita dun veciño do barrio de Coia, chamado o “PUTO COKE”,  a la cual asistin invitada pola monitora Alejandra Garrido.

Antes da intervención do artista de Coia, actuou o grupo “Vagalume”. Son unhas amigas e usuarias do Centro, que se reúnen para cantar cancións da nosa terra, e gustaron moito. Ao meu particularmente chamoume a atención a señora que dirixía o referido grupo, xa que se movía moi ben e sen parar marcaba o ritmo cos pés. Tenia unha marcha incrible. ¡¡¡Desde aquí as miñas felicidades a Vagalume!!!. Desexamos ver máis a miúdo actuacións vosas no noso Centro Social.

Vira o vídeo de “Puto Coke” cando saíu nun artigo anterior da Revista Dixital do Centro, e estaba desexando poder coñecelo en persoa. Adoitamos ter unha imaxe moi equivocada do que fan os mozos de Hip-Hop, por iso encantoume poder ver a “Coke”.

Cando o vin entrar e sentar moi preto de onde eu estaba, pensei que non ía perder detalle da súa charla. Puiden ver que é un mozo sinxelo e familiar xa que a súa nai e a súa madriña acompañábano. É amable, moi atento e contestou a todas as preguntas que se lle facía.

Deunos unha pequena información do que é o hip-hop. É unha tendencia que vai unida aos grafitis. É unha contracultura, e vai contra o sistema. Esta peculiar forma de protesta nace en Estados Unidos a finais de 1960, proveniente de afroamericanos e latinoamericanos

O Hip-Hop, nace nos suburbios e as zonas máis marxinadas onde se impón este estilo de facer música na rúa.

Dinos “Coke” que o movemento Hip-Hop, contribuíu en boa medida a que hoxe en día “un negro” como Obama leste na Casa Branca. Os Grafitis, Breakdance e o Rap,  saíron das clases máis baixas. Este estilo de musica pódese combinar perfectamente coa música galega, a andaluza, etc. Hai deportes que van unidos a esta música, o Rap é a música do Hip-Hop.

En Francia, xurdiu este estilo urbano nas zonas máis pobres habitadas por árabes e emigrantes oprimidos. É arte dentro da arte. O hip-hop sae e aliméntase doutros estilos musicais.

É unha marabilla escoitar con que paixón fala Coke, xa que nos conta que desde neno o Hip-Hop foi a súa vida. Di que en Brasil nas escolas ensinan Hip-Hop, sendo esta unha forma de entreter e apartar aos nenos das rúas, por iso queren inculcarlles a musica desde moi pequenos.

Unha das preguntas que se lle fixo na entrevista, como non podía faltar, foi: onde sacara o nome do “Puto Coke”, contándonos que cando era máis novo un amigo enfadouse con el chamándolle “Puto Coke” e de aí foise quedando con ese nome. Na actualidade non o poría, pero agora ten que defendelo. Sendo coñecido por Puto Coke

Ao final da charla puidemos ver o último vídeo do seu traballo. Eu díxenlle que gañaba moito nas distancias curtas. Saudou a todos os presentes e díxonos que lle encantaría poder facer un concerto no barrio de Coia.
Foi estupendo coñecer a un mozo tan san, e que se dedica a facer música de hip-hop. Por certo ía vestido como calquera mozo da súa idade.

Desde aquí só quédame darlle as grazas e desexarlle moitos exitos e que triunfe na súa terra.

Isabel
Fotos: Germán

Un comentario en “O "Puto Coke" no Taller de Debates

  • el 18/05/2011 a las 10:43 pm
    Permalink

    Muy buen reportaje Isabel! Este chico nos ha abierto los ojos sobre este estilo de música que, hasta ahora, muchos desconocíamos su verdadera historia.
    Un beso. Chelo

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: