“O Prexubilado”

Imagen000

O día que me prexubilei, sentinme o home máis feliz do mundo, por fin ía poder vivir sen madrugar. Pero a miña muller pensaba outra cosa y xa o primeiro día, subiume a persiana ás 8 h.

Arriba que teño que facela cama.

Carallo, as 8 y xa tiña que facela cama.
Fun para o salón, tírome no sofá e di:

¡Qué fas ahí tirado! Larga que teño que pasalo aspirador. ¡E qué!, ¿pensas pasar toda a xubilación tirado no sofá?.

Toda a xubilación… ¡¡Si era o primeiro día!!

Para non berrar voume de paseo, chamei ós amigos y ahora somos unos… 23. Vamos todos xuntos. As 9 da mañan xa non hai quen ande, ta petao de xente. Así que empezamos a madrugar cada vez máis y agora xa nos levantamos ás 5 e media… ¡¡para poder camiñar tranquilos!!.

Volvo pa casa, aséome y ó volver saír, xa desde o primeiro día, dime:

Cando volvas trae o pan, anda, cariñín…

Logo foron os tomates, as patacas… Todo o que se lle esquercía a ela.
Onte fíxome encargado xeral de compras.

Agora teño que facela compra y quere que gaste pouco, así que:
o azúcar vou mercalo ó Froiz, o aceite no Mercadona, o deterxente en Prica, a fruta no Gadis, os yogures no Dia, e os ovos …, os ovos no Arbol.

Ós meus amigos pasoulles o mesmo y como somos prexubilaos, que non tontos, separámonos en grupos y vamos cada grupo para un lado, para ganar tempo, logo repartimos as cousas y facemos contas.

Ás 11 h. tócanos revisión de obras, temos controladas 18. Vamos palá e apalancamos os 23 para un lado da obra. No centro, que é o mellor sitio, non podemos poñernos, eso xa está reservado para os mais vellos, os máis antiguos… Os Xubilaos.

Onte un xubilado de banca dixo que estaban mal postos uns ladrillos, ¡¡armouse a de Dios!!.

No meu grupo hai un que foi albañil e dixolle:

Tí que saberás… sabedillo, se sempre estiveches no banco quentando a silla. Se o saberei eu, que son albañil.

Y dille o utro:
Que eres non … dirás que fuches.
É o mesmo, eso non se olvida nunca. E coma andar en bicicleta.

As 6 h. xa me estaban chamando, a muller e a filla, para ir de cursillos.

¿Qué é oh?. ¿Vas estar prexubilado sen facer nada?,
¡¡atrófiache a cabeza!!.

Así que: luns e mércores teño internete, martes e xoves, encaixe de bolillos y o venres… o venres, baile.

As 10, despois de cear, sentome no sofá y caio frito. E enton sinto un codazo no lombo…

¡¡Veña, vai pra cama que xa estas roncando!!
 Non, ¡¡se debes estar derrancado de estar todo o día rascandoa!!

(Monólogo de Cristina Muñiz Martín)

Redacción

2 comentarios en ““O Prexubilado”

  • el 25/03/2013 a las 4:25 pm
    Permalink

    Muy bueno, me reí un montón.Real como la vida misma.
    Saludos Mila

  • el 28/03/2013 a las 8:04 pm
    Permalink

    Pobre hombre, ni el primer día de su jubilación le “indultan” su merecido reposo. Muy buena historia. Un clásico esto de ir a ver obras una vez jubilado. Se precisa un estudio sociológico importante, ja,ja. Un abrazo. Sergio farras.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: