O Outono

otono.jpg
Entra o Outono con forza
Os días son curtos xa
Os paxaros xa non pían
Tan cedo po la maña
A forza que antes tiñan
Os raios para quentar
Verticais dende o ceo
Agora mais hourizontais
O astro sol ten menos forza
É tempo de cosechar
Hai que recoller os froitos
Que a nai terra quere dar
Nunca sabe o que traballa
O futuro que tendrá
A semente que con esforzo
Pon no seu peito maternal
É tempo de recoller
O que éla nos quere dar
E gardar para o Inverno
Cando a terra a descansar
Se recupera do esforzo
Que todos los anos fai
Parindo das suas entrañas
Alimentos para mais
Estou cansa- dime a terra-
Cansa de tanta maldad
Os meus fillos ambiciosos
Están a pedirme mais
Non se dan fartos nunca
Esgotada me teñen xa
Chega o Outono con forza
¿Quén sabe que traerá?
¿Vendrá choiva, vendrá mal tempo
Ou brisa soave do mar?
¿Moucharánse as follas nas árbores?
¿A cantas enterrará?
Chega o tempo de arrimarse
O lume para quentar
Para afastarse do frío
Os caldos da miña nai
Chegou o Outono a miña vida
Sin darme conta a traballar
Sin saber que a vida é tempo
O meu tempo vaise xa
Estou pasando o Outono
O Inverno, ¿que traerá?

Ceneme

A %d blogueros les gusta esto: