O noso magosto
Hoxe celebramos a festa do Magosto no noso Centro Social. Tivemos moita sorte pois non choveu. O son das gaitas e as pandeiretas, Suso e axudantes asaban as castañas. Namentres a xente bailaba e cantaba coa alegría que nos caracteriza as persoas que frecuentamos este rinconciño, que é tan importante nas nosas vidas.¡A de nós sen o Centro Social de Coia! E coas cantigas e as muiñeiras chegaron as castañas asadiñas con esmero. Puxeronolas en cucuruchos e Mary Carmen, a dire, e unha axudanta, repartíronnolas as persoas
caló estábamos. .
Dígovos que me souberon a gloria bendita. Foi unha tarde de bo roliño .
Que teñades unha boa semana.
Ángeles
Angeles, a través das tuas verbas síntese a calor humán das xentiñas, abrazándose e felicitándose po la ledicia de estar disfrutando de unha boa castañada.