O Grupo Rebuldainas na II Mostra do Folclore Deputación de Pontevedra.
O pasado día 20 de Marzo, o grupo de baile e pandereitas Rebuldainas do Centro Sociocomunitario de Coia, participo na II mostra do folclore patrocinado pola Deputación de Pontevedra.
O acto celebrouse no Centro Cultural Helios de Bembrive, coa participación dos seguintes grupos:
G. F. Airiños do Coto, G. F. Atlántida de Matama, G. F. Cotogrande de Cabral, A. F. C. Asubio, G. F. Ledicias de Valladares e A. F. Rebuldainas.
O nivel de participación foi alto, de calidade e moita mocidade.
O grupo Rebuldainas do Centro Sociocomunitario de Coia, achegou a este festival madurez e experiencia, deleitándonos con dúas cancións acompañadas coas pandereitas e gaiteiros, os seus títulos son:
Foliada dás Ondas e Canción Esparabel (con arranxos de Suso Pereira).
Tamén nos ofreceron dous bailes que foron os seguintes:
Muiñeira do Morrazo e Fandango de Redondela.
Só quédame por dicirvos ¡Animo Rebuldainas que o facedes moi ben!
Germán
HOLA SON MARISE.
QUERO DECIR QUE FOI UN DIA MUY ESPECIAL PARA NOS ,TIÑAMOS NOSOS ACOMPAÑANTES ,MARIDOS ,FILLOS ,NETOS ETC..
AS BUTACAS ABARROTADAS DE XENTE,AUTORIDADES NAS PRIMEIRAS FILAS, E UN ESCENARIO COMPLETO PARA AS REBULDAINAS NON PODIAMOS PEDIR MAIS.
FELICIDADES A TODAS AS REBULDAINAS—EN ESPECIAL A NOSO DIRECTOR SUSO
( Fotos y vidio reportero German ) Marise-
Grazas a tódolos que de algún xeito fixeron queste día fose tan grande culturalmente.
A reportaxen (coma sempre), do mais cariñoso .E unha experiencia: que cando se traballa “de verdade”, as cousas saen ben.
bicos