O grupo de Teatro do Centro, ofreceunos "Un día na Gloria"

O pasado martes día 10, ás 18 h., tivo lugar no Centrosociocomunitario de Coia, a representación da obra de teatro, “Un día na gloria”, do autor Víctor Ruiz Iriarte, polo o grupo de devandito Centro “Esguello” .
Ao chegar atopeime con moitos usuarios e case non teño sitio. Actuaban dous compañeiros de sendeirismo Meli e Carlos e quería estar con eles e animalos. Encheuse todo e puiden observar que os espectadores estaban totalmente atentos á representación.
Moita xente non se decatou de que había teatro, lamentando non vir. Polo que puiden observar, a moitos gústanos ver obras como a do martes no Centro, pois son entretidas e pásase un bo intre e todos saímos moi contentos.
O argumento tratábase de que facía moito tempo que os homes non subían á Gloria, e os que xa estaban alí, aburríanse unha chea e preguntábanse o porque non ía ninguén á Gloria, onde estaba a inmortalidade e a fama.

O público ríase coa actuación e sacaron moitas fotos. Gustoume porque a pesar de que ensaiaran, vin que houbo bastante improvisación. Menos mal que o Chambelán da Gloria soubo dominar a situación, e saíu todo moi ben. Cada un fixo o seu papel o mellor que podían, e sobre todo a ilusión que pon no seu traballo.
Gustoume o mozo que facía de Napoleón, pois se meteu moito no seu personaxe. Foi o que falaba máis alto, e desde logo tiña a forza e coraxe dun emperador, a pesar que un novo actor que ultimamente chegou á Gloria, habíalle suplantado en vida, facendo unha película e iso Napoleón non o podía consentir de ningún xeito.
O pobre Chambelán, que fora domador de leóns na terra, non podía comprender como ninguén venia á Gloria.
A gran Sara Bernard, conservando a súa elegancia, a súa beleza e a súa bonita voz. Todos os demais actores fixérono xenial, cun Don Juan moi afectado pois as señoras da Gloria non lle facían moito caso ou Juana de Arco que non podía nin ver o lume.
A directora do teatro, Carmen non quitaba ollo ao que estaba pasando no escenario, estaba polos corredores vendo como o público ríase. Puido comprobar que a todos gustounos.
Debería de haber máis teatro, xa que ao saír algúns dicían que durara pouco, pero tamén comprendo que o preparar unha obra deste tipo, require moitos días de ensaios e moito estudo..
Felicidades a todos os actores, e á directora por facernos pasar un bo intre.

Isabel

Fotos: Germán

2 comentarios en “O grupo de Teatro do Centro, ofreceunos "Un día na Gloria"

  • el 18/05/2011 a las 2:54 pm
    Permalink

    FUÉ UNA GOZADA, FELICIDADES PARA TODOS-AS.

  • el 18/05/2011 a las 10:57 pm
    Permalink

    Hemos pasado un rato muy entretenido!! Una obra ideal tanto para grandes como para pequeños, si no que se lo pregunten a mi nieta, que se lo pasó muy bien.
    Felicitar a Carlos y sus compañeros, y a tí por este reportaje.
    Un besiño

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: