O descubremento do tren

La Sarita en una de las dependencias de la estación de Vigo en la década de 1.960
La Sarita en una de las dependencias de la estación de Vigo en la década de 1.960

Aquel neno que o avó chamaba “Mestre de todo, operario de nada”
coñecía moitas cousas da natureza e do mar: estaba afeito a mirar o mar, os barcos
que pasaban, as traíñask, gamelas e chalanas dos mariñeiros do Moiño do Vento.
Tamén coñecía os tranvías, os coches e os camións, pero o tren nunca o vira. E foi
cando xa tiña 12 anos e a nai levouno a Pontevedra a facer una xestión. Logo, él soiño
fixo aquela viaxe durante un tempo que non lembra. Chegaron a estación e a nai foi a
unha ventaiña a coller os billetes e dixolle: cando veñas ti, ves a esta ventaiña e
pideslle un billete de ir e vir; alí xa se oia un ruido que el descoñecía, pasaron ó andén
e alí, ficaba o tren, unha máquina negra e cunha chimenea que votaba un pouco de
fume negro, e una feitura rara, (non se parecía aos tranvías), e por xunto ás rodas
votaba fume branco. Despois estaban os vagóns que era onde ía a xente; entraron nun
deles e sentaron nun asento corrido, de repillas e a nai deixoumo sentar ao carón da
fiestra, e viu un reloxo pendurado da parede e unha campaiña cun cordel atado no
badallo, e alí estuveron esperando, e ía chegando xente e sentando ó carón uns dos
outros e saudandonos.
Logo saiu o xefe da estacíon cun traxe azul escuro e unha visera da mesma cor cunha
banda vermella arredor, e traía unha bandeira tamén vermella enrolada nun pau,
despregou a bandeira e de unhas badaladas na campaiña pendurada na parede, tam,
tan, tam…e axitou a bandeira. De súpeto o tren deu un pitido mou forte, piiiiii…. E
deu un bufo e un ruido que o neno nunca oira, pum…pum..pum…pum… e comezou a
andar votando fume branco como si viñera das rodas, e foise alonxando da estación
tranqueleando polas vías, traque-tra, traque-tra, traque –tra….e íanse alonxandose cada vez máis da estación. Pouco despois o tren voltou a pitar e parou noutra estación na que había un letreiro, CHAPELA. Alí subiu xente e ao carón de nos sentaro dúas
mulleres e o tren repetiu o mesmo que en Vigo, e voltou a traquetelear ata que fixo o
mesmo que cando chegamos a Chapela, pero alí había máis vías e trens parados e a
estación tiña o nome de REDONDELA, e repetiuse a história, mais alí subiu máis xente
que en CHAPELA, pero o susto viu despois: deixaron a estación e a pouco quedaron no ar: as casas aló abaixo e o tren enriba traqueleando, e a nai dixolle que non tuvera
medo, que era una ponte para o tren e debaixo estaba a vila de Redondela. Pasada a
ponte e o susto voltou a parar nun lugar sin estación e tamén subiu xente, e repetiuse
a mesma manobra ataque chegaron a ARCADE, e despois, outra ponte, que xa non
asustou o neno porque xa tiña experiencia; pasaron por enriba do río Verdugo. Cada
metro que o tren rodaba o neno ía descubrindo un mundo descoñecido, alí ainda
miraba o mar, según lle dixo a nai.
O tren tiña unhas ventaiñas que tirando dunha correa de coiro baixabanse e quedaba
dandolle o vento na cara, pero entrou nun túnel e fixose de noite e de súpeto,
entroulles un fume negro que fedía e os abafaba, pero un home subiu a ventaiña e, o
neno tampouco sabía que o tren podía ir por debaixo da terra.Despois pararon en
FIGUEIRIDO e xa dalí PONTEVEDRA.
A estación de Pontevedra quedaba casi dentro da cidade e dalí a onde iam había pouco que camiñar. Logo da xestión a nai levouno a unha taberna e comproulle un bocadillo de queixo e voltaron a estación para retornar a Vigo.
O mes seguinte e algúns máis, xa ben aprendida a leción fixo esa viaxe de ir e voltar.
Entón foi coñecendo o tren e todo o que arrodeaba: vagóns de primeira, de carga de
animais, de carbón e mineral de ferro,de liquidos,de carga xeral, plataformas,
etc. Coñeceu o maquinista e ó fogoneiro paleando carbón pa dentro do fogar que
producía o vapor para mover as rodas.
A vida nos trens era familiar, a xente falaba unha con outra, homes con mulleres e
mulleres con homes,mozos, rapacis, axudabanse a subir bultos polas ventaiñas ou a
baixalas, o revisor a trincalos billetes e a sempre presente parella da Garda Civil co
seus atributos, capote, tricornio e mosquetón e caras de meter medo.
Tamén coñeceu ao cego co acordeón cantando coplas que despois o acompañante
vendía . O neno xa coñecía o cego das coplas porque xa o vira no tranvía, pero sin
acordeón.
Telmo comesaña Feixoeira

2 comentarios sobre “O descubremento do tren

  • el 23 de octubre, 2015 a las 17:59
    Permalink

    Tenía 12 años cuando por primera vez vi el tren de cerca. La sensación fue como un despertar a un mundo que desconocía y que estaba esperando para que fuera asimilando los avances de las técnicas que el hombre ya hacía tiempo las había descubierto para el desarrollo en general. Las zonas con estas estructuras se desarrollaron mejor. Los pueblos se afanaban por tener los medios suficientes para exportar sus productos y recibir los que la zona no producía. Era un progreso necesario para subsistir. Gracias al tren por tierra y al avión por el aire sustituimos al burro con alforjas. Y también gracias a los ríos y a los barcos por la mar.
    Emiliano

  • el 23 de octubre, 2015 a las 21:32
    Permalink

    ¡Qué bonita descripción! Nos hace retroceder a nuestra infancia. Me gustó mucho.

Comentarios cerrados.