O complexo deportivo "Máis que auga" de Coia-Florida abrirá na última semana de outubro

Recogemos la siguiente información del periódico del Concello-Xornal-Vigo, porque esta noticia nos interesa y nos afecta muy positivamente:

Un importante complejo deportivo en Coia.

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou que o novo complexo deportivo “Máis que auga” de Coia-Florida entrará en servizo na última semana de outubro. Máis de 7.000 persoas amosaron o seu interese por algunha das actividades que terán lugar neste centro ubicado na Praza da Tellada (nas inmediación da Praza da Miñoca) e no de Barreiro.Inauguración a final de mes.
“Cando a finais de mes inauguremos este novo complexo deportivo e en decembro o de Barreiro, producirase un feito histórico na cidade”, salientou Santi Domínguez tras realizar un percorrido polas instalacións, no que tamén participaron o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez. O tres recibiron as primeiras tarxetas de abonados, que xa poderán empezar a recoller as persoas que xa fixeron unha preinscrición durante a campaña de promoción que se fixo nos últimos meses. A partir do día 20 abrirase o prazo de abonos para o resto de persoas interesadas.

Piscinas y otros espacios deportivos.
A superficie total do centro de Coia-Florida é de máis de 4.600 metros cadrados, que se reparten nunha piscina cuxo vaso principal é de 25 x 12,5 metros e outras dúas piscinas de 10 x 6 metros. Unha delas se destinará a aprendizaxe, incluso para bebés a partir dos seis meses. Respecto a outra piscina  se utilizará como “piscina activa”, xa que conta con dúas camas de auga, oito postos de hidromasaxe, un chorro de cervicais, un chorro de láminas de auga e dous geyseres.
Descripción de otros servicios.


A piscina activa e a zona de tratamentos e relax conforman un área termal que contará con sauna, baño turco, catro duchas de esencias e fonte de xeo. Ademais das piscinas,  haberá catro salas para diversas actividades, de entre 100 e 150 metros cadrados cada unha, así como un ximnasio municipal de 600 metros cadrados.
Á construción desta infraestrutura deportiva únese a recuperación da praza pública de máis de 2.000 metros cadrados na cuberta do complexo superior.
Presupuesto.
O tenente de alcalde indicou que o investimento total das dúas áreas deportivas de auga de Barreiro e Coia-Florida ronda os 15 millóns de euros.
Finalmente, o tenente de alcalde felicitou á empresa construtora, polo traballo realizado, así como ao concelleiro de Deportes, Xabier Alonso e á concelleira de Benestar Social, Maria Méndez.

Xornal-Vigo

A %d blogueros les gusta esto: