O cambio climático

dia-de-la-tierraHoy queremos recoger alguna de las voces de los movimientos ecologistas de Galicia, sobre el cambio climático. Tema que nos preocupa a todos y, además, está de suma actualidad . Ya saben  que los gobiernos de todo el mundo se han reunido en  Copenhague, para buscar solucciones. Pero , China y otros grandes paises contaminantes, no están muy por la labor de renunciar a las emisiones  que lanzan a la atmósfera.

O día 12 se celebró o DÍA MUNDIAL DO CAMBIO CLIMÁTICO. O novo acordo mundial sobre o cambio climático que na conferencia sobre o clima que se celebra en Copenhaguengue que se pechará nos próximos días, representa para o mundo unha oportunidade de evitar que o cambio climático alcance os perigosos, se non catastróficos, niveis que a comunidade científica prevé para data tan temperá como é o ano 2050, é dicir, en vida aínda de máis de mil millóns dos mozos que hoxe poboan o planeta.
O cambio climático é un dos maiores desafíos que ten hoxe a humanidade.
Dende os grupos de ecoloxía e medio ambiente preténdese non só contribuír a mellorar o coñecemento sobre o fenómeno do cambio climático, senón tamén a identificar cales son as causas que o producen.
O Grupo de Ecoloxía Científica de Galicia – GECMA – advirte dos cambios medioambientais globais

O cambio climático é unha ameaza para a seguridade nacional dos países e para o mundo. O Grupo Ecoloxía Científica e Medio Ambiente de Galicia –GECMA – dixo  que o cambio climático supón unha ameaza para a seguridade de Galicia, nacional e internacional, por conflitos de repartición, na política interna e internacional, en torno á auga, ás terras e á capacidade de atender os movementos migratorios.

Aínda nos encontramos nos seus principios e é posible que os efectos do mesmo aumenten nos próximos séculos.


El necesario equilibrio de los ecosistemas
.

O aumento da temperatura a nivel global porá en perigo as bases existenciais de moitas persoas, incrementando sobre todo en rexións en vías de desenvolvemento o perigo de caer na pobreza e na miseria social. Ao ser probable que se bote a perder o equilibrio de ecosistemas enteiros no caso de que o cambio climático continúe o seu avance sen freo algún. Así por exemplo a rexión das Amazonas secaríase ou o monzón asiático desaparecería,……

hieloA presidenta do GECMA de Galicia, Nelly Pérez Giráldez, dixo que: “O que para entón acontecería non  o sabe ninguén. O que si sabemos é que na actualidade 1.100 millóns de persoas non teñen acceso seguro á auga potable. Esta situación podería empeorar polos cambios ambientais que fan que a distribución das precipitacións e da cantidade de auga dispoñible cambie, facendo que a auga se converta nunha valiosa pero conflitiva propiedade. E que consecuencias terá isto para a agricultura se xa na actualidade máis de 850 millóns de persoas sofren as consecuencias dunha alimentación insuficiente? Coa expansión das zonas desérticas, de salinización dos solos e a escaseza da auga, unida á acidificación dos océanos que pon en perigo a vida de varias especies, poderían producirse violentos conflitos por asegurarse terras fértiles e alimentos. No que fai a España, é o país europeo con máis extensión de zonas con risco de desertificación, sendo as rexións mediterráneas, Castela – A Mancha, Andalucía e Murcia as que teñen maior ameaza.
No que fai a Galicia non figura entre as zonas españolas en perigo pero cómpre reducir as emisións de gases de efecto de invernadoiro, para que a nosa comunidade non pase a ser, no futuro, unha zona mediterránea con enclaves atlánticos. Por que a desertización en Galicia non será climática, senón edáfica, polo proceso de perda de solo e a aparición de rocha que é inhábil para a vida. Polo tanto non esquezamos que necesitamos conservar os subsolos coas súas capas freáticas e cuaternarias, perseguindo as inxeccións de subprodutos e residuos líquidos industriais, por que necesitarémolas nun futuro.
Ao mesmo tempo que recomendamos a separación de rede de sumidoiros, non nos cansaremos de insistir na necesaria creación dun GRAN LABORATORIO DE ÁREA PARA A BISBARRA DE VIGO e a provincia de Pontevedra destinado ao provisión, reciclaxe e reutilización de residuos e subprodutos líquidos industriais, involucrando a administración e as empresas. Necesidade imperiosa porque a mestura das verteduras industriais coas augas fecais produce a morte das cepas de bacterias aerobias e anaerobias encargadas de eliminar os residuos orgánicos en suspensión nas augas fecais, polo que as depuradoras biolóxicas construídas pasan a ser un almacenaxe de augas sucias altamente contaminantes, que son vertidas, na súa parte máis fluída, aos ríos ou ao centro das rías, a través de emisarios submarinos, e os lodos das decantadoras.Por exemplo a de Vigo, ao non ser aproveitables por razóns obvias, evacúanse directamente ao estuario do Lagares, producindo a morte fulminante de todo o ecosistema, ao extremo de exterminar lapas e mexillóns nas rochas existentes na praia do Foz, extendéndose a mancha en toda a fronte da praia de Samil, tapizando os seus fondos areosos cunha grosa capa de lama”.

Cambio na actitude fronte ao cambio climático.

“Desde fai anos propomos a creación dun Fondo de Fomento Forestal (FFF) por que os incendios forestais que, por desgraza, sufrimos cada ano, terán un papel importante nesta perda.Por iso pido un cambio na manifestantesactitude de todos nós, os cidadáns e gobernos, fronte ao cambio climático e da aplicación dunha auténtica política sostible, en materia enerxética, forestal, agrícola e hidrolóxica, que garanta a conservación e defensa da biodiversidade (un caso alarmante é o que queren facer no río Calvo do municipio de A Cañiza) e dos solos, non se poden consentir verteduras de residuos nos montes, que afectan a todo incluído o subsolo, etc. Pesemos por outra banda, que a reciclaxe tamén é un negocio. O lixo nunca tivo tanto valor como agora. Pode ser pola conciencia ecolóxica ou pola realidade económica: co encarecemento das materias primas e da enerxía, ao final dá a razón aos ecoloxistas e converte en negocio a reciclaxe e a moda medioambiental nunha actividade cada vez máis rendible.

Grupo de Ecoloxía Científica de Galicia – GECMA

2 comentarios en “O cambio climático

  • el 21/12/2009 a las 12:36 pm
    Permalink

    Por desgracia la cumbre de Copenhague no ha dado una gran respuesta al problema. Tal vez en México. Estamso dando pasos tan pequeños en esta cuestión que nos quita la esperanza un poco. Pero, al menos conseguimos que se esté intentando dar una respuesta válida a una cuestión donde nos jugamos la vida.

  • el 21/12/2009 a las 5:17 pm
    Permalink

    Hasta que no tomemos conciencia de que el mundo es una jaula pasajera en la que viajamos todos y una solución global involucrando a todos los países es la única solución, no se arreglará nada, ya que cada uno no hace más que mirarse su ombligo. Ceneme

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: