O Bono Coidado, axuda a conciliación familiar

Trátase dunha axuda económica que contribuirá ao pagamento do importe de servizos de asistencia por enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar, entre outros supostos puntuais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde para a posta en marcha de modo experimental desta medida.

A convocatoria conta cun orzamento de 3 millóns de euros, correspondendo 750.000 euros ao 2016 e 2.250.000 euros ao 2017

Os beneficiarios/as destas axudas deberán residir na Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha nena ou neno nado/a con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 respecto da anualidade 2017

A renda da unidade familiar non pode superar os 45.000 euros ou os 13.500 euros per cápita.

Concederanse un máximo sesenta horas para a anualidade de 2017 de acordo cos diferentes tramos de renda.

Esta axuda permitirá a contratación do servizo de atención a domicilio a menores de tres anos os 365 días do ano e para as 24 horas do día e dela queda excluída a realización de tarefas domésticas.

Solicitudes
As solicitudes poden descargarse na páxina web da Xunta de Galicia.

Ademais desta solicitude, os interesados deberán de entregar a documentación requirida na orde e presentala na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da provincia onde teña o seu domicilio.

Redacción.