O abeiro das Letras galegas

Antonio Fraguas Fraguas é o galardoado co “Día das Letras Galegas” 2019. Home senlleiro da cultura e da defensa da lingua, ademáis de galeguista rexo e comprometido. Deste home lembro a súa potente fala nalgúns programas de radio e, asemade, nos artigos no Faro de Vigo. Xaora, por esta efemérede hai xente moito máis cualificada para dar a coñecer a vida e obra deste home aferrollado na terra.

Non é a miña intención loubar a vida de don Antonio, home bo e xeneroso; mais ben quero lembrar como chegou a este intre o secuencial proceso de honrar á persoas que amaron -con moitas dificultades polos atrancos que poñía o sistema dictatorial que todos padecemos-. (o máis suave cando contestabas a unha pregunta e o facías en galego, era: hable usted en cristiano); xa fora na escola, na igrexa, policía, garda civil, alcalde, notario ou calqueira estamento que dependera ou se relacionara co poder absoluto establecido violentamente. A lingua estaba prohibida oficialmente e falar galego estaba mal visto e si o falabas eras considerado un paleto analfabeto e ríanse de ti . Eu prezome de ter resistido, e fora do institucional falei sempre a lingua dos meus país e avós.

Coido que a RAG, (Real Academia Galega) foi no que xermolou a idea de arriscar e dar un pulo pola lingua. E de xeito moi asisado escolleron a -Rosalía de Castro, -raiña do rexurdimento-, no ano 1963. Coido que os promotores foron, Fernández del Riego, Gómez Román e e Ferro Couselo (membros numerarios da Academia), os que lles presentaron a idea o presidente da mesma.

A partir daí comezaron as xestións ata a aprobación polas autoridades da época.

Nacemento da RAG

No século XIX os pobos xa estaban buscando a súa identidade. A lingua galega estaba desprestixiada e non era aceptada nos ámetos da escrita culta. Na diáspora xurdía o interese por recuperar as señais identitarias, e en Galiza xurdiu con forza a poesía de Rosalía; non lle foi fácil, porque non se consideraba doada para a literatura. Foi Manuel Murguía quen entendeu a importancia da obra que iniciaba Rosalía. Mais tarde casou con ela.

Rosalía abrira unha fenda no muro da indolencia dun pobo abandonado no que a lingua seguía viva e Rosalía fixo rexurdir.

A “Real Academia Galega” comenza a súa andaina no 1906 con Murguía de presidente. Vai dando pasos ata o 1936,que como todalas institucións pasan anos de angurias e oscurantismo.

Co Estado Autonómico as cousas mudan dun xeito armónico e ilusionante. Hai un intenso traballo a prol de unha normalización do idioma. O tema é motivo de grandes debates pola línia a seguir: achegarse máis á castellanización ou á lusofonía; primou a primeira idea.

A Constitución recolle o sentir dos pobos hispanos con lingua propia declarandoas ao mesmo nivel que o castelán, con unha lixeira discriminación favorable a favor das autonómicas por ser minoritarias.

O devalar do tempo

A pesar dos anos a normalización sufre continuados atrancos; non faltan voces para voltar aos anos das tebras; incluso de xente do país no que naceron e viven. Descoñezo si a actitude é por ignorancia ou xenreira-. As resistencias en colexios privados, e o que ainda é peor, nas institucións públicas, fan que o rango que lle pertence non acaba de chegar, mentras que a Administración sigue co desleixo habitual.

As linguas minoritarias son unha preocupación na UNESCO. Porque son vías de comunicación e cultura, -perdida unha lingua, a cultura perde o soporte que a sustenta e a fai medrar e espallarse. En países europeos, americanos e asiáticos hai cátedras de lingua galega. Quizais sexa neses paises onde se atope a salvagarda da lingua galega.

Mil primaveras máis para a lingua galega! (Cunqueiro)

Ainda que non chegue a RAG, atrevome a señalar para o 2020 a un ou unha -que como no 2018- sexa unha persoa de fora de Galiza que fale e escriba en galego como xa aconteceu no 2018 co nomeamento de Mª Vitoria Moreno, Hainos na terra e fora dela.

 

Telmo Comesaña   maio 2019

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: