O noso compañeiro de pintura, Amadeo

Na nosa clase pintura se hai alguén que destaca sen dúbida, é Amadeo, para a miña é o mellor, leva dez anos vindo a clases de pintura do Centrosociocomunitario de Coia.

Amadeo ten o seu rinconcito diante da fiestra, unhas veces pinta de pé e outras sentado. Usa unha técnica para traballar que é envexable, pulcro, meticuloso, busca sempre a perfección leve o que lle leve. Mira o cadro de lonxe, vólveo a mirar ata que o deixa perfecto. Gústalle pasearse pola clase mirando o traballo dos seus compañeiros, e aconsellándonos, se ve algo que non lle gusta dínolo para que o fagamos mellor.

Un día, por curiosidade, pregunteille se vendía os cadros e díxome que non, que todos os tenia el. Amadeo é tan bo pintor que pintou a toda a súa familia, un día fixo un da súa esposa, e fíxoo moi ben. Pode pintar todo o que se propoña.

Cando me incorporei o curso pasado ás clases de pintura, Amadeo estaba pintando un monxe, aquel cadro deixoume realmente impresionada xa que lle ?cardaba a barba?. Nunca me imaxinei que se podía facer algo así a un cadro.

Amadeo é incrible empeza un cadro, lévallo para casa e á semana seguinte tráeo case terminado. Cando aos demais pódenos levar dous ou tres meses. Fai uns días estivo facendo unha máquina do tren das de vapor, quedoulle fantástica.

Para todos os da clase de pintura, Amadeo é o noso gran pintor. Cando fixemos os carteis para o ?Entróido 2011?, á maioría custounos traballo, pero el tívoo moi claro, fixo unha careta que é unha preciosidad. Todos os seus compañeiros sabiamos que el tiña que estar entre os primeiros, e así foi. Gañou o primeiro premio, estamos moi orgullosos de telo connosco. Como anécdota dicirvos que o outro día comentoume que case non lle dan o premio, porque pensaban que o había calcado.

Nesta clase, aparte de pintar e aprender moito, formamos un gran equipo. Querémonos e preocupámonos uns dos outros, por iso todos estamos desexando que chegue o mércores. Algúns imos media hora antes e tomámonos un café. A verdade é que para min é moi relaxante facer o que me gusta e con xente tan estupenda.

En nome de toda a clase e no meu, dámosche o parabén Amadeo, segue co teu bo humor e non cambies.

Confesarvos que ademais de pintar, outra das cousas que máis gusta facer é ler, aí déixovos unha lista duns cantos libros que tiven o gusto de ler recentemente e que vos poden gustar tanto como a min.

1.- O XARDÍN ESQUECIDO de KATE MORTON
2.- O SEGREDO DE MARIBARBOLA de Maria Teresa Álvarez. (Maribárbola foi a anana que pintou Velázquez nas Meninas) moi bos os dous.
Isabel

2 comentarios en “O noso compañeiro de pintura, Amadeo

  • el 18/05/2011 a las 10:49 pm
    Permalink

    Muy buena descripción de nuestro compañero, que como tú bien dices, es muy querido por todos nosotros, y muy profesional. Un beso grande!
    Chelo

  • el 20/05/2011 a las 5:41 pm
    Permalink

    Bueno, ahora que escribió Chelo, me toca a mí.
    El darle con un cepillo a la barba es para pintar en negativo. Primero se da una mano de pintura, se deja secar y luego se le da otra distinta, y mientras ésta está húmeda, con un cepillo de cerdas duras se raspa dándole la forma de la barba. De esta forma tenemos dos capas de pintura a la vista.
    E curioso, paseando entre vosotros, me doy cuenta de algunos fallos, que luego me sirven para corregir los míos. Por todo ello, Gracias.
    amadeo

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: