Nos vimos, en Rumania


Entre os días 27 de xuño e 4 de xullo, coincidimos un grupo de persoas en Rumania. A maioría eramos mulleres. Os nosos obxectivos, intereses e expectativas seguro que eran tantos coma nós.

Agora, de volta .e cando podemos compartir as vivencias, pero sobre todo as impresións. Rumania moi plana  na capital, mais do que esperaba,  e con un cultivo mediterraneo, pero ten  unha parte montañosa “ Os Carpatos” omnipresentes que crean na parte centro oriental esa paisaxe brumosa  que posibilitan  lendas coma a do conde Drácula, Jack o empalador, co seu castelo. Esta cordillera, de altura   media, chea de abetos e caducifolias, que forman pistas de neve e lagos como o “vermello” daba paso a mosteiros e iglesias. Iglesias que eran ortodoxas, evanxelicas e católicas, quizás un signo de moita invasión ou quizás tolerancia.

Pero foron os mosteiros de Bucovina en Moldavia os mais impresionantes, deslumbran o seu entorno, a arquitectura, pero sobre todo as suas pinturas que son unha narración plástica, onde a cor e moi relevante. Pero ter  a sorte de oir, as monxa ortodoxas que os habitan, cantar  producia  un arrepío e a producción dunha grabación no disco duro persoal.

Vimos cidades onde a impronta do seu pasado no socialismo real, está todavía presente. Son frias, homoxeneizantes e tristes.

Estivemos en  zonas rurais onde aprendimos que as casas sempre tiñan a porta polo lateral, pero sobre todo vimos cidades medievais que contan historias  e  son Historia.

As estrelas, debido o tempo só as poidemos ver nos hoteis, bós, algún con estilo propio e outros da cultura da globalización, Foron os lugares de comida e cea  mais representativos, variados e bonitos que os de dormir e a comida  moi rica.

En toda a visita nos acompañaron o conductor do bus e a guía, ambos moi correctos e cumplidores

E volvimos a casa, con fotos arreo e cada unha con nosa opinión,  e cicais nos veamos en…..pero e posible que non nos recoñezamos porque en Rumania sucedeu algo,   mercamos “gerovital” a xa non seremos as mesmas.

texto Marisé

fotos Paco

A %d blogueros les gusta esto: