Noraboa a www.cscoia.com

equipo de redacciónMañana es el aniversario de la revista de los voluntarios del Centro Social, nuestro Centro. Y con tal motivo recibimos este escrito de Lucia Molares que le agradecemos profundamente porque, ya ven, a esta mujer de la política sí le da tiempo de acordarse de nosostros, de conocernos, escucharnos y, lo más bonito, se acordó de nuestro 4º y modesto cumpleaños.

Gracias en nombre de todo el grupo.

“O Centro  de Coia é  un dos máis dinámicos”

lucia molares“O Centro Sociocomunitario de Coia é  un dos máis dinámicos da Xunta de Galicia gracias ao bo facer da súa dirección pero, sobre todo, a colaboración e traballo de todos os seus usuarios.
Neste centro realízanse numerosas actividades, dende conferencias, debates, tertulias, cursos de formación (internet, pintura, cociña,…), seminarios, exposicións, representacións (grupos de teatro, grupos de baile galego,…), festas e visitas organizadas, ata multitude de accións encamiñadas a mellorar a saúde dos nosos maiores (gimnasia de mantemento, fitness, ioga, tai-chi, aquagym,…).
Entre todas elas destaco os cursos de informática, a posterior creación dun taller de periodismo e o nacemento da súa revista dixital, que agora cumple catro anos. Quero felicitarvos por esta iniciativa e, sobre todo, pola súa permanencia no tempo. E de admirar que, a partir duns coñecementos básicos sobre as novas tecnoloxías, xurdise este proxecto. O voso traballo, a vosa constancia e sobre todo a vosa ilusión foron as ferramentas necesarias para lanzarvos con éxito a esta aventura da información.

Redactores1Ten un enorme mérito manexarse nas novas tecnoloxías nesa idade na que moitos outros tiran a toalla na batalla por facerse có mundo de Internet. Demostrades, non so a vosa capacidade para adaptarse aos novos tempos, senón as ganas e aptitudes para levalo a cabo.

Un exemplo a seguir por moitas das persoas que acuden os nosos centros sociocomunitarios, para os que xa sodes o camiño a seguir.
O meu recoñecemento para ese consello de redacción que elabora a revista, para as 14 persoas que nela traballades, e para todos os colaboradores. Sei que estades sobrados de experiencia e vivencias para compartir cos vosos lectores.
Lucia con CarlosComo muller, aplaudo especialmente os artigos e informacións que apostan pola igualdade e que loitan contra a violencia de xénero. Temas que ocupan un lugar importante na vosa publicación. A nivel doutros contidos contemplo con agrado que tratades case tódalas temáticas, con espazos para as novas do centro, para a actualidade da cidade, para o humor ou para a información práctica do día a día.
Sorpréndeme positivamente, no novo formato que acabades de presentar, a claridade e organización das páxinas da revista, o sinxelo que resulta navegar por elas e o ben distribuida que está por seccións.
Noraboa a todas e todos, gracias polo voso traballo e moito ánimo.
Felicidades”.
Lucía Molares Pérez
Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo

Un comentario en “Noraboa a www.cscoia.com

  • el 24/06/2010 a las 10:51 pm
    Permalink

    Felicidades a todo este grupo tan simpático. Gracias a Lucia por conocer la revista. Es una mujer que me asombra porque siempre acude cuando se la llama. ¿De dónde saca el tiempo?

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: