¡¡¡Non podemos calar!!!

injusticiasTemos que rachar as cordas que nos premen cada día

e lanzar un berro seco:  un berro de rebeldía.

Son tempos de desconcerto, de penurias, e de fame,
o silencio nos afoga porque o mundo está que arde.

O noso berro é de apoio
de esperanza, de traballo de optimismo, de tenrura
por un mundo mais humano.

¡Non podemos calar mais!
o tempo xa está chegado
xa non valen os silencios
enfronte de tanto engano.

Diante de tanta negrura, sempre queda a esperanza
esa que brinda ledicia
para que sorría a alma.

É un sentir, unha utopía
que moviliza e dá vida
fai crecer semillas novas
cando xa nada motiva.

¡Xa non podemos calar!
o tempo transcurre infame
ainda que trema a voz
ainda que as forzas fallen.

Unha voz forte, segura
que lle plante cara os necios,
que reinvindique dereitos
e que afogue os menosprecios.

E outra voz que dé cariño
e que temble de emoción,
que comparta agarimosa:
compaña, ledicia, amor.

Hai moitos pobos cautivos,
faltos de toda ilusión
os poderosos nos compran,
e fai falla una reflexión:

“Non está todo perdido,

temos alento dabondo
brila unha luz de confianza
nas xentes do noso pobo.

Temos voz, temos coraxe,

temos o mundo nas mans

temos ganas de que cambie

e ninguén nos vai parar

Ainda que intenten calarnos,

e afogar toda ilusión,

pobres incautos, no saben

que a forza está no corazón”

¡¡¡E non vamos a calar!!!

179333_1622999453348_2795273_n (1)

Vigo, 2013

3 comentarios en “¡¡¡Non podemos calar!!!

  • el 01/05/2013 a las 11:08 pm
    Permalink

    Thank you very much for that marvelous article

    (Muchas gracias por este maravilloso artículo)

  • el 05/05/2013 a las 9:39 am
    Permalink

    Estou dacordo Toñi, xa non podemos calar mais e seguir mantendo tanto improductivo que din que fan que fan e o que fan e roubarnos a ilusión, a esperanza e os cartos. Moi bo poema. Saludos, Miguel Correa

    • el 05/05/2013 a las 10:15 am
      Permalink

      Moitas gracias polo comentario Miguel. Ah! por certo, fomos compañeiros das clases de Uvimaiores,pero,en distintos cursos.
      Unha aperta.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: