Noite de lúa chea

full-moon-1751814_640

Agradecemos aos nosos lectores as fotos que nos fixeron chegar do espectáculo da superlúa, unhas bonitas imaxes para acompañar o artigo que sobre este agasallo da natureza  fixo o noso Telmo Comesaña.

Ao longo da miña vida, que xa é longa dabondo, ollei moitas veces a lúa nas catro fases e por distintos motivos: si é crecente para sementar, si menguante para recoller, si é nova para confirmar que dúas lúas máis viña a chea. Cando non había luces eléctricas nos camiños  a chea era unha regalía, porque camiñabas  máis tranquilo e alegre.

Sabido é que a lúa ten influencia nas mareas, nas prantas e nos corpos; ata dín que inflúe nas preñadas dos mamíferos, que pode adiantar ou retrasar o feliz acontecemento .img-20161114-wa0016

img-20161114-wa0017Pero, vaites,vaites, que os medios difundiron nestes días que a lúa chea do 15 de novembro do 2016 ía aparecer moito máis grande  porque o satélite estaba no punto máis preto da terra, e que o fenómeno non se voltaría a producir ata o 2034. Entón pensei que tiña que prestarlle a debida atención o acontecemento  porque nesas datas é o meu centeario, e quen sabe si non serei un chisquiño de estrela cuxo ronsel será imperceptible para a humana xente.

20161114_203133-jpg

img-20161114-wa0012-1

Voteille unha ollada antes de deitarme e non me pareceu tan grande, pero quedeime coa idea de ollala pola mañanciña. Ás sete da mañán debalaba para u oeste e mostrábase con potente luz no medio das tebras da noite. Ás oito xa se notaba que o sol quería saír polo leste e a lúa comezaba a perder luz. Ás oito e media, ainda sin aparecer o astro rei, a claridade ofendía aquel ser que triunfou durante a noite, pero, aí,a forza do sol foise impoñendo e a lúa deixouse ir caindo deslucida e desaparecendo por detrás das illas Cies para afogarse no mar océano.

Coido que foi a primeira vez que fun consciente o contemplar as dúas luminarias da terra no firmamento, e quedoume quen era o Rei. A derrota da lúa era unha derrota anunciada que se produce de cando en vez. Tamén pensei que si nos fixáramos máis no que nos da a natureza seríamos máis felices.

A derrota da lúa....
A lúa sobre Cies. A derrota da lúa….
20161115_081550
…unha derrota anunciada

Cando isto escribo ollo pola fiestra e vexo a lúa que parés un pouco máis pequeña que onte, debeu de perder folgos polo esforzó.

img-20161111-wa0009-1

Ata outra… Telmo Comesaña

2 comentarios en “Noite de lúa chea

  • el 18/11/2016 a las 12:57 am
    Permalink

    Qué fotos tan bonitas. Pues leí que este fin de semana, también habrá lluvia de estrellas. Como siempre, este misterioso cielo lleno de-estrellas, nos sigue admirando y sorprendiendo. El Centro de Interpretación del Parque Natural de las Islas Atlánticas, oferta, para este fin de semana, un curso de fotografía nocturna, en la Isla de Cortegada. Algo realmente precioso para quienes puedan ir. Si alguien está interesado se tiene que pasar por el edificio Gambón que está en la calle Oliva, y alli se puede inscribir.

  • el 20/11/2016 a las 11:52 pm
    Permalink

    Escuchando hoy a un científico, que habló de este tema, me enteré que hay una página web (astropilxes.com) donde se pueden ver muchas lunas como esta. También que, cada dos años, la tierra y el planeta Marte están más cerca. Algo así como unos 50 millones de kilómetros. Cosa de nada. Pero que habitualmente esa distancia es de 300 millones de km. Pues nada, a Marte dentro de 2 años que se acortan los km. Por cierto, según este científico que escuché en Rne, en el mes de diciembre también habrá una super luna

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: