Na pasada tempada 104 falecidos a causa da gripe

unnamed

A gripe é unha enfermidade altamente contaxiosa, cunha nada despreciable mortalidade e morbilidade, e a vacinación continúa a ser a medida preventiva máis eficaz para minimizar o impacto do padecemento desta enfermidade. Se aínda non estás vacinado e pertences a un dos grupos de risco indicados no  cartel,   invitámoste a acudir a un punto de vacinación, dos 900 habilitados en Galicia.

Na pasada tempada, nesta comunidade autónoma, rexistráronse en IANUS (Historia Clínica Electrónica) durante a onda 31.233 casos de gripe, precisaron ingreso hospitalario 1691 pacientes, 238 na UCI, falecendo 104 deles. Destes, 2/3 non estaban vacinados a pesares de ser dun grupo de risco.

Como xa coñecerás, dende o pasado día 24 de outubro, estase desenvolvendo dende a Consellería de Sanidade a campaña de vacinación antigripal 2016 co obxectivo de diminuir entre a poboación de risco o número e gravidade das complicacións de padecer esta infección.

En este enlace atoparás máis información.

Redacción.

A %d blogueros les gusta esto: