Museo contra a violencia de Xénero

Convidámoste a visitar a exposición do “Museo interactivo contra a violencia machista”  que elaboramos para a conmemoración do 25 de Novembro do 2011. Estará na sala de exposicións da Casa das Mulleres, en Rúa Romil, 20-baixo (Vigo) ata o martes 31 de xaneiro de 2012.
Este museo-exposición consiste na visualización de diferentes obxectos vinculados coa vida das mulleres. Obxectos que teñen a peculiaridade de desempeñar diferentes significados en relación coa violencia machista, ben por ser considerados elementos xustificativos desta violencia, ou tamén, por seren empregados, polas mulleres, para paliar este drama.
Con esta actividade, tentamos imaxinar un futuro no que a violencia desapareza da sociedade e quede así reflectido nos museos como símbolo dun pasado xa superado.

Poñemos esta exposición a disposición de Centros Educativos e Asociacións que no lo solicite, par o que podedes contactar no enderezo electrónico ou nos teléfonos que aparece abaixo.

Esperamos a vosa visita ou solicitude da exposición, saúdos

Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968
Coord. Ferrolterra: 696732735
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 671695968
Coord. Ourense: 652140217
Comunicaçom: 698159764
http://www.feminismo.info

Redacción

A %d blogueros les gusta esto: