Mulleres

Muller

Mujer embarazadaDicir muller é dicir: compañeira, nai, vida. Si a muller non fora fecundada a vida na terra extinguiríase; esa tarefa correspóndelle á muller e ao home. A muller leva o maior peso dese proceso: embarazo, alumar e aleitar. Os coidados pra criar xa debe ser cousas dos dous.

Así que reflicto as consideracións dunha muller coa que coincidín como convidado a un xantar, nunha festa dun pobo no que se reunían familiares e amigos residentes fora de Galicia. O punto de encontro era na igrexa e  o cura aproveitou o ter tanta audiencia, para dar un sermón acaido pra festividade e deixou caer a importancia do, sacrificio e da resignación, para os dons que o Señor nos manda en forma de doenzas e outras tribulacións. Ofrecerlle-las humildemente como un favor, redímense moito tempo de purgatorio.

No repouso despois do xantar, co café de pota e un excelente licor café, as linguas foron deixándose levar, e pasou polos consellos do señor cura; cadaquén tomounas ao seu xeito pero unha das mulleres foi moi clara, e dixo: por culpa de Eva, Deus castigounos mais ás mulleres porque, botamos anos menstruando tódolos meses; estar preñada é unha penitencia e aínda por enriba, parir con dolor. Sorprendeu aos presentes e non houbo risas nin comentarios festeiros. A anfitrioa reaccionou e ofreceu máis café.

Repasando a historia

Aínda que houbo mulleres distinguidas e con moito poder -como exemplo a raíña-faraón Hatshepsut, da XVIII dinastía exipcia, máis tarde Cleopatra; as mulleres que amortallaron o corpo de Xesús de Nazaret; a raíña española Isabel a Católica entre outras moitas ao longo dos séculos- a muller como grupo non existiu. As lendas e os tópicos non deixan de ser fabulacións.

A muller estivo sempre nun segundo plano, (detrás dun gran home, está unha gran muller). Esa gran muller moitas veces era a matriarca que levaba o peso da crianza dos fillos e a administración dos cartos que lle pasaba o home e dos bens da familia. E todo o peso gravitaba sobre ela. Como exemplo as mulleres dos homes do mar.

Así, as mulleres pelexaron nas guerras; lombo con lombo cos homes; facían de enlaces arriscando a vida; moitas eran detidas,aldraxadas e violadas e, aínda tiñan que ter tempo para coidar aos fillos e buscar o sustento.

A casa na que me criei

Barco Pesquero, Mercado Bouzas y VendimiaEra un matriarcado porque todo xiraba arredor da miña avoa: meu avó era fogoeiro de barco pesqueiro e paraba pouco na casa; meu tío estivera na guerra tres anos e logo un ou dous de servizo militar en Cartaxena, e  miña nai mais  miña tía traballaban no campo e na conserveira de Alfonso Riveiro.

A matriarca tiña o peto e ía diariamente ao mercado á Bouzas; no cesto nunca faltaba o Faro de Vigo. Dirixía os traballos á facer; ocupábase da cociña e do forno –cocía catro piotes de pan de millo cada semana- esfollaba as espigas e organizaba o canastro: espigas, patacas, feixóns e outras legumes; fendía os vimbios para atar as viñas e esfollaba as canas. Cando a vendima, seleccionaba e separaba o viño po consumo do que ía a venderse. Tiña tamén o cargo da labra das terras, pago de contribucións e dos xornaleiros, e asemade a venda ou compra dalgún animal, cría e matanza do porco. Dela aprendín todas esas labores.

O día da festa de Bouzas levábanos, a miña irmá e mais a min, a mirar os fogos e as cucañas, dende a casa dunha amiga. Miña nai nunca foi as festas, porque viviu un duelo permanente.

Tempo de cambio

A chegada da República fixo que a muller trocara da noite dos tempos ao día das luces,  impulsada pola revolución francesa. LIBERDADE, IGUALDADE E FRATERNIDADE.

A muller deixou de ser propiedade do home: do pai si era solteira e do home co que casara, xa que unha muller solteirona –así se lles chamaba- era desprezada.

A Constitución do 1931 fixo da muller un ser igualitario co home. Foi o renacer, o romper as cadeas da ignorancia e da represión. ERA LIBRE. Ai! pero iso pouco durou. O golpe militar apoiado por Hitler, Mussolini e Oliveira Salazar con tropas e armamento deses países , fundiron novamente a muller na escuridade dos tempos e todo se volveu contra ela: homes asasinados, fuxidos, presos, en cárceres e campos de concentración; fillos e irmáns levados ao fronte. Fame e control social -si non era católica apostólica e romana- tíñao moi difícil para ter a cartilla do racionamento. E levaron a muller ao límite da resistencia humana.

Pilar Primo de RiveraAsí, Pilar Primo de Rivera e a Igrexa Católica, tomaron o mando para a transformación da muller e da sociedade . Os exemplos a seguir eran a virxe María e as santas mártires que non se deixaron violar. A muller tiña que ser pura e casta. E de volta as tebras por máis de corenta anos, hai un cambio que non chega a ser o do 1936. Pero o  sistema queda atado e ben atado e a muller tamén..

A utilización da muller como obxecto de desexo

Os anuncios, pasarelas, prostitución son feitos visibles que non dignifican á muller. Pero as cousas co tempo mudan.

R-evolución

Por fin! A muller cansou de ser aldraxada, menosprezada e asasinada. Levantouse como unha ave fénix e mandou parar, e velaí que o mundo macho, secundado por algunhas mulleres incapaces de romper as cadeas da escravitude, séntense preocupados; non dan creto do que esta acontecendo e póñense nerviosos: buscan eufemismos para deformar a realidade das palabras. O poder económico está confuso e a Igrexa Católica –algunhas monxas xa fixeron folga- prepara a resposta en silencio. -bastante ten coa pederastia-.

O exemplo da muller na sociedade está presente no Ensino Medio e na Universidade: Estudan máis, son exemplo de dedicación e esforzo; en carreiras técnicas –que parecían reservadas para homes- están marcando un nivel insospeitado. Están na xudicatura e nas forzas armadas, no ensino e na medicina; están na avogacía e na política; conducen autobuses, camións, taxis etc.

Parabéns para elas

A R-evolución xa non hai quen a pare.

Telmo Comesaña Marzo 2019

2 comentarios sobre “Mulleres

  • el 13 de marzo, 2019 a las 18:26
    Permalink

    Se me hace imposible hablar de un tema tan general como este, solo puedo hablar de aquello que conozco, por lo tanto solo puedo referirme a algo que yo pude ver cuando estuve en contacto con mi amigo Jose Manuel, misionero en Zambia. Cuando nos pidió ayuda, nos insistió mucho en las becas de estudios. Luego, en la primera visita que le hice en la misión, explicó que el becaba sobre todo a las chicas, ya que si algún dinero había en la familia para estudios, iba, prioritariamente destinada a los chicos. Cuando una chica estudiaba, nos decía, podía elegir su futuro, con quien casarse, en donde vivir, etc. En una ciudad, nos presento a una de las becadas. Una chica con una educación esmerada, que cenó con nosotros. Ella le dio un dinero a Jose Manuel para que le entregase a su madre. Días después estuvimos donde vivía esta, en medio de la selva, en unas chozas, sin luz, sin medios apenas, en una vida de lo más primitivo. Si esa chica no hubiera estudiado, viviría ahi, cargada de hijos y casada con alguien que ella no podría elegir. Ahi me di cuenta de lo poco que cuenta una mujer en el interior de un pais tercermundista. Allí una mujer es menos que una ciudadana romana hace dos mil años. Y estamos en el siglo XXI y decimos que estamos civilizados.

Comentarios cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: