Mulleres do século XX

conferencia1“Poñendo máis amor non farían falta tantas medicinas”. ELISABEHT KÜBLER-ROOS.
“Hai xente que pasa pola historia e, ao igual que un cometa, vai deixando un raio de luz para toda a humanidade”. ELISABEHT KÜBLER-ROOS: Unha vida dedicada a dar luz e amor aos enfermos máis esquecidos e apartados da nosa civilizada e tecnolóxica sociedade. A súas ensinanzas sobre o trato a moribundos son unha testemuña científica sobre o proceso da consciencia ante a última hora da vida. Ela nos proporciona unha sabedoría infinita para entender a morte; unha lección maxistral sobre o significado da vida.
Mulleres do Século XX forma parte do “Ciclo de conferencias sobre Mulleres Célebres” organizado pola Asociación Amigos dos Pazos. O pasado xoves, 18 de Abril estivo dedicado a Elisabeht Kübler-Ross, psiquiatra suízo-estadounidense que foi unha das maiores expertas mundiais na morte e en persoas moribundas. Sentou as bases dos modernos coidados paliativos, cuxo obxectivo é que o/a enfermo/a afronte a morte con serenidade e ata con alegría. Elisabeth axudou a moitos familiares a manexar a súa perda, a saber como enfrontarse á morte dun ser querido, explicoulles como apoiar á persoa en agonía; o que debía facerse neses difíciles momentos, e o que debía evitarse.
conferencia2A conferencia foi ofrecida por D. Julian Palomares Borja, licenciado en filosofía, psicoloxía e historia, actualmente director da Asociación Espazo Gran Vía, e de quen tivemos a sorte de saborear o seu saber que compartiu connosco no Centro Social de Coia. “ELISABEHT KÜBLER-ROOS E A RODA DA VIDA” foi o título escollido para mostrarnos a esta médica que incluína entre os “cometas de luz” e que pasou pola vida “deixándose levar por un destino que, sabía, a ía conducindo”. O título de “Doutor Honoris Causa” foille concedido en 28 ocasións e foi autora de 25 libros, pero o seu camiño, como o de todas as grandes luces, estivo repleto de cambadelas e pedras postas por críticos e opositores.
Nacida en Suíza en 1926 nun parto trixemelgo prefire limpar casas a ser secretaria no negocio do seu pai. O desexo de axudar aos demais lévaa, con 19 anos a apuntarse en Voluntarios pola Paz e, como albanel, axudar na reconstrución de Polonia. Alí visita un campo de concentración e chámalle poderosamente a atención que as paredes dos barracóns dos nenos estivesen gravadas con bolboretas, o signo da espiritualidade. Como podían ter eses sentimentos en tal medio de vida e ante unha morte eminente? Polo ánimo de axudar aos demais decide levar a efecto o seu desexo de ser médico. Unha vez casada o seu marido trasládase a traballar a EE. UU., e ela acompáñao. A “casualidade” lévaa a traballar nun hospital psiquiátrico de mulleres, moitas delas desafiuzadas ou en estado terminal. Entón, a psiquiatría, especialidade por ela desexada, ábrelle as súas portas.
Por que os enfermos terminais se mostran mais alegres tras falar coa esa muller da limpeza? Preguntábase Elisabeth. E a resposta que obtivo dela -para a min a morte é unha vella coñecida e, con agarimo, dígolle aos enfermos que abandonen os seus temores pois non é nada malo- levouna a convertela na súa axudante. O trato existente no hospital foi reconducido e, entre outras cousas, buscouse que nas horas finais os seres queridos estivesen coa persoa moribunda.

Onde se vai a vida despois de deixarnos un ríxido corpo? Aínda que era unha científica escéptica, facíase esta pregunta. Non cría nas relixións dogmáticas que encorsetan a natural busca do ser humano, pero non por iso descartaba a espiritualidade: “As montañas de Suíza son o meu templo e as súas estrelas o meu ceo”. Na súa busca do sentido da vida alíase co cura de hospital. O buscarán por dous camiños, el polo camiño relixioso e ela polo científico. A investigación chégalles a definir dous tipos de morte: A clínica e a biolóxica. A morte clínica é reversible pois consiste no bloqueo das funcións orgánicas. A morte biolóxica é irreversible xa que as células do organismo se desordenan.
Que son esas experiencias en que a xente volve da morte? E a resposta de da doutora Elizabeht non foi distinta da xa coñecida a través da filosofía milenaria de Hermes, Krisma, Buda, que fálannos das viaxes fóra do corpo, ou as máis recentes experiencias de San Juan de la Cruz ou Santa Teresa de Jesús. Pero no seu estudo existe un grande feito diferenciador das anteriores ensinanzas: eran científicas e contrastadas en mais de 30.000 casos investigados de experiencias postmorte, entre elas as de cegos que na súa experiencia ven; coxos que ata bailan; xordos que escoitan; mudos que falan. Todos e todas vían a luz; todos e todas sentían a paz. Entón Elizabeht comprendeu o porque da bolboretas nos barracóns.
“A morte: un amañecer”, “Unha luz que se paga”, “Carta a un neno con cancro”, “Vivir ata despedirnos, “Sobre o duelo e a dor”, “A roda da vida”; son algúns dos títulos dos libros a través dos cales nos transmitiu o seu saber. “A casualidade non existe. Nada do que nos acontece é negativo. Todos os sufrimentos son probas. Ata as perdidas son un regalo”. “O parto e a morte son momentos importantes da vida que están moi descoidados”. “Os nenos, os anciáns e os psicópatas non saben de mentiras”. “A culpa é o peor acompañante dun moribundo”. “Non sabes como actuar? Basta con permanecer ao seu lado e saber escoitar”. “Os seis primeiros anos da vida van marcar o noso comportamento ante as probas vitais, ante as cales reaccionaremos de forma natural ou de forma tóxica,”. Para Elizabeht soamente existen dous temores naturais: O medo ás alturas e o medo ós ruídos. Todos os demais son temores tóxicos. Como tóxica é a culpa, a envexa, o odio, a competencia. Todas estas toxinas hai que eliminalas antes da morte, canto antes, no podemos agardar ao final da nosa vida para dicir, dar, ofrecer, as cousas fermosas. Así, non nos turbaremos cando, ao chegar ó outro lado nos pregunten: Que fixeches polos demais? Canto deches?
ELISABEHT KÜBLER-ROOS faleceu no ano 2004 e para entón, por sorte, moitas das súas novidosas ensinanzas xa víanse do máis normal. A súa luz despexará moitas néboas.

Grazas, Elisabeht.

Roxelio

Fotos: A. G.

5 comentarios en “Mulleres do século XX

  • el 28/04/2013 a las 11:05 am
    Permalink

    There’s a lot of info. I’ll be back again.

    (Hay un montón de información. Volveré de nuevo.)

  • el 28/04/2013 a las 12:06 pm
    Permalink

    Gracias por tu crónica Roxelio. Queremos añadir que nuestra compañera Silvia presentó al conferenciante: el profesor Palomares. Silvia, con aplomo y buena voz, esbozó una breve biografía de Julián
    Como ven los chicos y chicas de la revista estamos casi en todas partes, además de otros usuarios del Centro Social que también asistieron al acto. Un saludo a todos y todas, ya que predominaron, como siempre, las mujeres. Alex

  • el 02/05/2013 a las 9:37 am
    Permalink

    Kubler-Ross fez algo que hoje parece óbvio que foi ouvir as pessoas que estavam no leito de morte. Simplesmente ouvir, anotar o que ouviu e transmitir conforto pessoal nessa etapa tão enigmática da vida.

    (Kubler-Ross hizo algo que ahora parece evidente que estaba escuchando a las personas que se encontraban en su lecho de muerte. Sólo escucha, anote lo que escuchó y transmitir comodidad personal en esta etapa de la vida como enigmática.)

  • el 03/05/2013 a las 11:10 am
    Permalink

    Muchas gracias por vuestra asistencia. Fue una gran alegría veros en la sala.
    Faltó un poco de tiempo para acabar de desarrollar la charla, que la finalicé la semana siguiente en el Espacio Gran Vía.
    Recomiendo la lectura de la obra de Elisabeth Kübler-Ross, de fácil comprensión y gran profundidad. Una gran filósofa, pues fue una maestra en el Arte de Vivir.

    Un abrazo.
    Julián Palomares

  • el 13/05/2013 a las 12:21 pm
    Permalink

    escoitar. pararse e escoitar. deterse e ayender. ese e o inicio, oprimeiro paso no caminho

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: