Momentos confusos e futuro incerto

Momentos confusos e futuro incerto

Estamos tan ensarillados no día a día  que non reparamos no que xa vai sendo unha perigosa realidade. Os efectos xa os estamos á padecer pero as análises están por facer, coa salvedade das aportacións que nos fai a ciencia: os riscos que para a humanidade ten o cambio climático.

O desenfreo consumista implantado polas políticas neoliberais, que por un lado acaban coas materias primas e polo outro envelenan terras, augas e aire. O caso dos plásticos nos océanos é un clamor: flora e fauna afectada.

Mentres que todo isto é coñecido, a resposta é seguir até o exterminio; os seres máis febles son os primeiros en desaparecer (véxase, as abellas. Sen elas non hai polinización)

Nos últimos cincuenta anos o cambio foi tremendo e para decatarse só se precisan algunhas referencias.

Velaí unha delas que tiro da hemeroteca do Faro de Vigo: O feito acontecía hai 50 anos.

“El puerto de Vigo empezó a registrar un gran volumen de tráfico, sobre todo de grandes embarcaciones con turistas.  Así el Griposholm  fue uno de ellos. Transportaba a 450 cruceristas norteamericanos, (…)”.

En menos de cincuenta anos pasamos de ter barcos  -posiblemente moi  confortábeis- para só 450 persoas, a barcos para seis mil entre pasaxe e tripulación. Barcos como o “Independece of de Seas! con máis de 300 metros de eslora e 61 metros de manga.

Nos últimos anos chegaron a atracar -no mesmo día- no porto de Vigo, ata catro grandísimos cruceiros (dous no peirao de transatlánticos, uno no  Areal e outro en Bouzas)

Toda Costa Atlántica e mediterránea estaba visitada por xente trasladada meses xigantes do mar. E cantos se desprazaban por augas do Caribe e das zonas turísticas do resto dos océanos.

Moitas veces se teñen aportado datos da contaminación producida pola aviación.

Esas masas humanas que se desprazan por mar ou por aire concentran millóns de toneladas de desperdicios que en moitos casos rematan nos mares, nos bosques, nos ríos e nas montañas. (oínlle dicir a un montañeiro que no Everest  pódense atopar dende plásticos a latas de conserva e instrumentos propios do oficio). Nin as alturas máis considerábeis do planeta queda sen ser asoballadas e emporcalladas!.

A deforestación das masas arbóreas son outro problema que se fai endémico.

O que ninguén contaba era a reacción da Nai Natureza. Chegou o Covid-19 e “mandou parar”

A freada é de tal magnitude que  xa comezou o desguace, tanto dos grandes barcos como dos avións.

Doutra banda as eléctricas lanzan páxinas nos medios co gallo de difundir que agora si, van polas enerxías alternativas: eólica, solar e marítima . (E ben certo que noutrora xa se puxera en marcha  estas tecnoloxías, freadas polo goberno Rajoy co chamado “imposto ao sol)”.

O cambio xa está aquí e non fai falla bola de cristal para ollalo. As grandes compañías son as que o demostran: o desguace de grandes barcos e avións é unha demostración do que está por vir e, ademais é negocio. A ben seguro que se amortizarán con cartos públicos ou con algunha andrómena que nos conten.

Futuro

– Como será todo isto dentro doutros cincuenta anos? Só pensalo dá arrepío pero tamén será apaixonante.  Aos novos habitantes do planeta pónselle diante un mundo que para nós é irreal.

– Onde chegará a capacidade dos robots?

– Chegarán a ser eles os que organicen a vida dos humanos?

– Serán os humanos os servidores dos robots?

-Terán xénero(robot e robota)?.

– Chegarán a ir á Marte algúns e algunhas para abrir camiño a outras expedicións e convertérense en marcianas?

Liberar a mente e deixala voar, é un exercicio que desvía a monotonía e o aburrimento.

Oito mil millóns de seres humanos  -con toda a transformación que esa masa conleva- non é soportable para a terra que nos dá acubillo. Serán os Covides-19, 20, 21 … os que se encarguen de axustar a poboación que permita a terra seguir xirando arredor do sol?

Quen puidera dar fe de tantas incógnitas, meu deus!

Malia que todo está por vir, cincuenta anos son so un sopro  na vida. Os e as que hoxe teñen trinta anos terán oitenta.

Deixémolos a eles e a elas porque nós  xa estamos de volta.

 

 

 

Telmo Comesaña    novembro 2020

A %d blogueros les gusta esto: