“Miña Cruz”
Aínda que estás comigo
Non te sentía.
Ías sempre ao meu lado,
mais eu soliña.
Cando o vento viraba as túas follas,
marchaban dun lado, de outro as miñas.
Ti andabas sen esperarme eu nunca te alcanzaba.
Choraba por dentro forte.
Un día xa non estabas
E foise a luz.
Agora camino soa
coa miña cruz
Túa Carmen