Meu amigo Pepe

99000104-01Eu, cando era un picariño non tiña con quen xogar  nin tiña xoguetes, amañábame facendo presas nun rego de auga e casas de barro con canas polo medio, miraba os niños dos paxaros, collía grilos e lagartos, mais, a cousa cambiou cando Pepe viu vivir a Garita, a casa da señora Xoana a “Cañota: Pepe era o pequeno de tres irmáns, as dúas mulleres maiores ca él; eran boa xente –oinllo dicir a miña avoa – eran do Morrazo e o pai traballaba nos Prácticos do Porto como vixía dos barcos que entraban na Ría. Pepe era casi dous anos máis vello pero un picariño como eu; él tampouco tiña xoguetes pero tiña unha imaxinación que a min faciame ver cousas descoñecidas. Pepe tiña máis experiencias de picariño solitario:  fixémonos amigos de trastadas inocentes: colliamos lagartos e enredabamos con eles, aos arnais, de máis de trinta centímetros, Pepe collíaos coa man por detrás da cabeza e o animal quedaba coa boca aberta respirando con dificultade, entón poñiamoslle un pitillo de barbela de millo para que fumara, resultando que cando o soltaba ía dun lado pa outro como un borracho.

17081068Ao carón da nosa finca había un toxal con toxo de moitos anos sin cortar, propiedade da marquesa de Mos, e alí tiña a touba unha raposa e nós metiamonos antre os toxos por onde entraba o animal, para mirar si tiña crias, pero nunca miramos máis co buraco. Por alí había cobras a moreas, eu estaba familiarizado con elas pero sempre as respetei moito, pero Pepe colliaias coa man como si fora un lagarto.

Pepe tiña máis liberdade da que tiña eu; meu avó sempre me tiña algúnha encomenda para facer pero él como non tiñan terra nin animais disfrutaba máis, tocaba una armónica vella, facía tirabolas  para tirarlle  ao que se lle poñía  por diante, fora un lagarto ou un paxaro. Daquela había moitos paxariños e os máis apreciados eran os xílgaros, pardillo e verdeirois; algúns homes viñan con redes e un simbel para chamar, e levábanos para vender. Pepe colliaos con visgho, (collía una goma de zapatilla e cun misto derretía a goma nunha palla). Pousaba a palla  onde ían beber os paxariños e quedaban pegados no visgho e non podían voar, él non vendía os animaliños, tiña algúns na casa e cantaban que os rechouchíos alegrabanlle a vida a xente.

Episodio final deste artigo

Unha tarde de veran estabamos no camiño e chegou un home preguntando onde era o matadoiro, e para nós aquilo foi un desafío; tiñamos que ir co señor para que non se perdera; o atallo era ir polo carreiro de fontes, e nós íamos diante  apartando o millo que xa estaba pronto a cortar, e chegamos preto do matadoiro e guiámolo alí. A volta miramos unha cobra ao carón dunha presa de auga de rega, que lle servía de lavadoiro a xente do Moiño do Vento que non tiña pozo ,e fora estaba a caixa dunha vagoneta que tiñan os obreiros que estaban a facer a estrada deica Samil: Pepe non o pensou dúas veces, votoulle a man detrás da cabeza e troxo aquel exemplar duns 90 centimetros de longo e eu aparteime un pouco por si se soltaba, pero Pepe riuse de min canto quixo e díxome: vouna levar para que miña nai poida metela en alcol que é boa para curar  o reuma, e nisto dixo: ímos afogala, e votouna na caixa da vagoneta; a cobra foi ó fondo e votaba burbullas que chegaban arriba, quedamos pampos, e Pepe dixo: morreu, pero de súpeto a cobra subiu e volveu baixar e seguía facendo burbullas…canto nos divertimos!  Volveu a coller a cobra e tiramos deica a casa.

Cando estabamos a chegar oímos a nai chamar:  Pepeeee, Pepeee, e votamos a correr e así como chegou, a señora Carmen sacou a zapatilla e bateu nel porque estaba enrabechada , eu estaba pendente da cobra que caira ó chan e enrolarase facendo un oito,mentras, Pepe berraba como un condenado.  Nós tiñamos un can preso debaixo do canastro e ladraba furioso  cando o rapás berraba, rompeu a cadea e traboulle nunha nádega a señora Carmen. A todo isto eu seguía atento a cobra que con tanto balburdio ninguén se enterou, pero eu si; a cobra  tan maltratada  estarricouse e meteuse nun silvardo. Que disgusto na casa!  O moro traboulle a señora Carmen, miña nai levouna pa casa e aplicoulle o remedio que daquela procedía: rustir uns pelos do can en aceite a ferver e, así quente votarllo na ferida. Entón quen berraba era a señora Carmen.

As cousas cambiaron ó morrerlle o pai , a él meterono de “flechanaval” e xa votaba o día no cuartel e na escola en Bouzas, e voltaba pola tarde co aquel traxe de mariñeiro, o lepanto na cabeza e arrastando os pes cunhas botas.

Seguimos sendo amigos. Esta historia seguirá no vindeiro artigo

Telmo Comesaña. Setembro 2016

Imáxenes: Cousas de nenos
Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel

 

 

2 comentarios en “Meu amigo Pepe

  • el 15/09/2016 a las 10:51 pm
    Permalink

    Aquellos niños que nunca se aburrían.., aunque el ingenio conllevaba unos índices de crueldad terroríficos. Pero cuando la vida es dura, todo el entorno obliga a ser fuerte, duro y, también cruel. Por eso, amigo Telmo, es bueno no llegar a los excesos en la educación infantil: ni tanta blandura como ahora, ni tanto palo como antes. El equilibrio siempre.

  • el 17/09/2016 a las 3:29 pm
    Permalink

    Me encanta todo lo que cuenta le agradezco mucho poder disfrutar estos recuerdos continúe por favor muchas gracias. Soy de Alcabre

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: