Medios de transporte nos anos 40 e 50 do século XX

Ladrones de bicicletas De Vittorio de Sica
Ladrones de bicicletas. De Vittorio de Sica,  1947

No artigo anterior referinme aos medios de transporte de mercadurías, deixando para este o de viaxeiros. Polas mesmas circunstancias a situación era calamitosa; calquera medio era primitivo e perigoso.

Unha vez rematada a primeira guerra mundial, ano 1918, os países adicáronse a reconstruir os arsenais perdidos nos cinco anos de conflicto e descuidaron o desenrolo civil.

Poucos anos despois, 1939 comenzou a segunda guerra mundial, moito máis destructiva e longa no tempo. Ó remate, 1945, seguiu a situación de penuria en xeral e, dos medios de transporte en particular.

Medios

Bicicletas, táxis, autobuses, barcos, tranvías e ferrocarrís, precisaban dunha renovación urxente, pero España, país arruinado e  atrasado tecnolóxicamente tiña que esperar ó desenrolo dos países europeos, que puderon axilizalo grazas ó “Plan Marshall”

Por acó eran coñecidas marcas como “Hudson”,”Chevrolet”, “Ford”, “Fiat”, “Renault”,” “Citroen”, etc. Todos antigos, coa salvedade dos Citroen “pato”, entre outros menos coñecidos.

En Vigo había poucos  propietarios de coches, e taxis moi poucos, en Bouzas había dous.

Autocares

autocarescuina.com
autocarescuina.com

Os buses, coñecidos por “coches de línea”, facían rutas entre as ciudades e pobos de Galicia e, para chegar a unha poboación do norte tiñas que facer trasbordo. Algún eran mixtos: na parte dianteira ían as persoas, e atrás os animais; este tipo adicábase ás feiras.

As estradas eran estreitas, con mal piso e moitas curvas, facendo interminables as viaxes, pouco menos que en dilixencias.

Os vehículos tiñan unha escaleira na parte de atrás para subir enriba do teito, e alí ían os bultos e as persoas que non cabían dentro; a única protección era unha pequena baranda e unha lona para taparse si chovía ou facía frio. Os conductores eran heroes.

Barcos

Os barcos e lanchas de pasaxe desplazaban xente a cangas, Moaña, San Adrián  e Domaio.  As características dos barcos eran os da época: equipados con máquinas de vapor e carbón de combustible, entón as muxicas que saían pola chimenea manchaban a roupa, ata que viñeron os barcos equipados con motores . No inverno era frecuente que fecharan o porto cando había temporal.

Tranvías

A Compañía de “Tranvías Electricos de Vigo” deulle un gran pulo a cidade comunicandoa coa periferia e concellos limítrofes, e púxose en funcionamento no ano 1914. Os tranvías eran máis  modernos e movían moita máis xente. En principio eran nove líneas urbáns e o ferrocarril  a Baiona e Gondomar.

Por ser o medio máis popular e acaido para o desenvolvemento diario, era unha mostra viva da socidade daquel entón. Pola desidia desta cidade non conservamos ningún tranvía como peza de museo. As unidades tiñan unha parte central equipada con asientos  e portas, para independizala das plataformas que estaban  equipadas con reostato, roda para o freno e cacharro con área para votar na vía cando patinaban as rodas; as plataformas eran abertas e viaxábase nelas porque se podía fumar, alí era sitio de homes, e tanto alí como dentro había letreiros de chapa con fondo branco e letras negras, nas que dician: “prohibido hablar con el conductor”. “prohibido blasfemar”, “prohibido escupir en el suelo”, “prohibido fumar”. Entrábase por atrás e xa te atopabas co cobrador, e a saída era por diante.

Ó coincidir a diario coa mesma xente íanse facendo amigos ou observando con quen non podías falar: alí  falábase de todo e de nada, as conversas eran arredor do fútbol, das festas, do traballo e pouco máis, ninguén se atrevia a falar de política, porque non sabias como era o que ía ao teu carón, os falanxistas si que falaban e mostraban os atributos do seu rango. Aínda así cando entraba a parella da garda civil ou os da secreta, que entraban por diante e non pagaban, facíase o silencio total . Anos de chumbo e medo. Tamén tiñan preferencia de trato os mutilados de guerra

Itinerarios

Nº 1- Pereiró – Estación (Urzaiz)

Nº 2- Bouzas – Calzada

Nº 3- Vitoria  – Cabral (Ponte)

Nº 4- Mercado  – Caños (suspendido pola expansión portuaria)

Nº 5- Bouzas  – Calvario

Nº 6- Florida  – Chapela

Nº 7- Ribeira   – Seixo

Nº 8- Travesas – Calvario

Nº 9- Soler – Caños. (Despois refundiron a línea 9 na 2, pasando a ser, Bouzas  – Caños)

Cocheras de Astravesas, foto Magar
Cocheras de Astravesas, foto Magar

O ferrocarril a Baiona-Gondomar, tiña estacións en Florida, Moiños, Coruxo, Canido, Oia, Saians, Panxón e Ramallosa, con algúns apeadoiros intermedios. Tamén tiña autonomía electrica con centrais en Fflorida, Canido e  Panxón. As unidades eran robustas, seguras e ben coidadas. Unha mágoa perdelo!

Había outra compañía  (Tranvías Mondaríz-Vigo), que só chegaba a O Porriño

O gran probema para este medio era a electricidade que non tiña un suministro seguro. Tanto tranvías – para o ferrocarril- como empresas tiñan os seus xeneradores para poder mover as máquinas . No vran faltaba a corrente porque o encoro do Tambre tiña pouca auga, e no inverno porque os temporais derrubaban as líneas.

E cando os tranvías paraban, a única solución era camiñar.

Este atranco rematou cando entrou en funcionamento o encoro das Cunchas, en Bande-Ourense

Telmo ComesañaTexto:Telmo Comesaña

A %d blogueros les gusta esto: