“Marchamos polo dereito das Mulleres”

marchamos polo dereito das mulleres

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Marchamos polo dereito das Mulleres a unha vida sen violencia
A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos

Manifestación dende o Museo “Marco” Vigo, o domingo 25 de Novembro ás 12 h.

A continación publicamos a comunicación que nos enviaron deste acto á Revista Digital do Centrosociocomunitario de Coia-Vigo.

(…) A concienciación da cidadanía e das institucións públicas respecto da violencia de xénero é bastante recente. Os pasos que se deron nos últimos anos non foron suficientes para garantir a vida de centos de mulleres; os recursos para o apoio as vítimas de maltrato ou para a sensibilización foron insuficientes. A loita contra a desigualdade e a prol da emancipación das mulleres -principio elemental para loitar contra a violencia machista- case foi testemuñal. (…)
(…) É tempo de buscar acougo e forzas entre todas, de apoiarnos unhas a outras para alentar a resistencia e a rebeldía, de non deixar soas as máis vulnerábeis e de loitar xuntas contra a violencia machista. Mais tamén é tempo de ampliar alianzas cos outros sectores sociais agredidos, de tinxir coas alternativas feministas as loitas que é preciso dar en toda Europa, para facer nacer outro modelo onde o feminismo sexa unha das matrices dese cambio. (…)

MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES.

Enlaces de interes:

igualdade.xunta.es

http://www.igualdadevigo.org/
Redacción

A %d blogueros les gusta esto: