Manifestación de protesta pola proposta linguistica da xunta

A lingua ha de servir para se comunicar e ten que se utilizar dun xeito libre, nunca imposta nen prohibida.

resize[1]

A Real Academia da Lingua Galega, profesores, sindicatos, alumnos e partidos políticos maniféstanse en contra do novo Decreto de plurilingüismo que a Xunta presentou a finais do 2009 e que responde a unha promesa electoral.
A Xunta de Galicia ten o proxecto de recortar o galego nas aulas, en lugar de defender e normalizar a súa situación. Que un goberno pretenda a desaparición da súa lingua é difícil de entender. Hai que lembrar o principio de que “todo aquilo que non se usa acaba por se esquecer, todo o que non se nomea acaba por non existir”.

O Tribunal Constitucional en 1994, estableceu unha sentenza que di que “As comunidades autónomas deben fomentar o uso da lingua propia para corrixir unha situación histórica de desigualdade fronte ao castelán. A liberdade para elixir un idioma ou outro, somentes se póde garantir se hai condicións para coñecer ambo-los dous e para usalos”
O mesmo Tribunal Constitucional emitiu un fallo en 1998 “negou que os pais teñan dereito a elixir o idioma do ensino, lembrando a dificultade que isto levaría a organización de cada curso escolar Tampouco se coñece ningún país democrático que renuncie a responsabilidade educativa por parte do Goberno que na Constitución Española está plasmado no artigo 27.

galicia_bandera_locutoresO galego, unha lingua negada historicamente aínda cando foi lingua de reis e das Cantigas ( primeiras poesías en linguaxe escrito que aparecen na Península Ibérica, e que ían escritas en galego).
 Unha lingua que aqueles que a recibíron dos seus pais non queren que desapareza aínda cando non lles pareza útil para que os seus fillos progresen.
 Unha lingua que os que son castelán falantes altérnana co galego cando lles peta ou cando algún tipo de emoción os enche.
 Unha lingua que os que a sénten allea porque nunca a faláron, aínda así recoñécena coma a lingua do país.

Bilinguismo

O feito de ser Bilingues implica a capacidade dás persoas para se comunicar en dous idiomas diferentes. No noso caso, en galego e en castelán
O galego por seren galegos, e o castelán por seren, tamén españois. E amba-las dúas linguas non teñen que ser excluíntes
É unha ventaxa poder comunicarse nas duas linguas, non só polo aspecto práctico das comunicacións, senón porque ao se expresar nun segundo idioma póñense en funcionamento moitas estruturas mentais que favorecen o noso desenvolvemento
As duas linguas non están equilibradas en canto as condicións dá igualdade, nen no ámbito social nen ambiental, xa que non e doado atopar letreiros ou publicidade na lingua propia do noso país, ou que nos atendan na nosa lingoa cando imos facer compras, cando imos ao banco, ou ao notario, ou cando imos ao médico, ou mesmo se querémos ver cine en galego.
Nesta situación de grande desequilibrio dá lingua galega a comparanza coa lingua castelá, e lembrando que o que se quere é chegar ao obxectivo de acadar unha sociedade culta e BILINGÜE, o normal sería unha maior atención e unha axuda preferente a opción máis feble.
¿Pode hoxe algún galego ou galega, coidar que o galego é unha lingua NORMAL na Galicia?.
¿Hai, de verdade, alguén que acredite, logo dunha reflexión, que o castelán, coma opción lingüística está en perigo na Galicia ou noutro ponto calqueira do estado español?
En cantas casas familiares temos un dicionario galego como o temos en castelan?

Ser Bilingue non é escribir pancartas, panfletos, manifestos e autocolantes en dous idiomas.Ser Bilingue é algo máis
ser biligue é ser libre para poder falar as duas linguas que estean nas mesmas condicions de igualdade e de desenvolvemento

O galego sofre unha desigualdade histórica fronte ao castelán e precisa unha discriminación positiva, unha axuda para disminuir a súa desvantaxe fronte ao castelán.Aínda que amba-las dúas son linguas cooficiais, o coitado xamais chegou a unha situación real de bilingüismo.co castelán.(os catalanes si que o conseguiron).
O obxectivo sería que ademais de ser falado na aldea e no campo, e nalgúns ambientes familiares ou na escola, chegase a utilizarse tamén na linguaxe profesional e colectiva como se utiliza o castelán. Entón si que poderiamos falar do bilingüismo e da liberdade para escoller unha ou outra lingua.

E no referinte ao Decreto de plurilingüismo que a Xunta quere nos impor á forza, eu pregúntome ¿Qué utilidade ten que os pais elixan a lingua en que se han de dar na escola as matemáticas ou o coñecemento do medio? ¿Cáles son os criterios nos que se han de basar ises país e naís para decidir ?
A imposición da vontade duns pais sobre a vontade dos outros, somentes carrexaría problemas entre iles , o caos no ensino e desorden na práctica pedagóxica. Ademais, nunca se viu que a Administración permitise á sociedade decidir a organización dos hospitais, aeroportos etc. eliminando a responsabilidade do gobernó nesa tarefa.

O borrador do decreto do Executivo galego prevé que o ensino se imparta en castelán, en galego e en inglés de xeito equitativo Non se lle pode dar ao inglés o mesmo tratamento de carga horaria e o mesmo status que ás outras dúas linguas oficiais de Galicia ¿Alguén atopa normal cantar “A Raianxeira” en inglés?
A oferta do plurilingüismo apoiada na teoría de que nas escolas a terceira parte de toda-las asignaturas sería impartida en inglés, é outra das promesas inviables propias dos políticos. Preguntarvos: ¿ónde están os cartos para face-lo? ¿önde ten a escola Mestres que poidan dar as materias en ingles case que técnico? ¿Con qué recursos pedagóxicos? Non esquezamos que os orzamentos para a educación reducíronse nun 30% para a formación do profesorado e por falta de cartos, diminuiuse o cadro de persoal das escolas oficiais de idiomas.
Al final isto somentes xeraría perda dos contidos e fracaso escolar.

Matuca

2 comentarios en “Manifestación de protesta pola proposta linguistica da xunta

  • el 26/01/2010 a las 11:28 am
    Permalink

    ¿Estas loco o que? primero defiendes el bilinguismo para a continuacion decir que el gallego siempre y exclusivo y el castellano fuera ¿estas loco? si al bilinguismo, si al derechoa a decidir de los padres, si a estudiar las dos lenguas y mejor que sean tres, si a una enseñanza de calida y no al mierda que estan dando, si al castellano lo mismo que al gallego, si lo mismo a estudiar las cantigas que estudia a Cervantes lo vuestro es pura paranoia, puro fascismo ideologico, sois los nuevos nazis de la lengua con el lema de “Gallego por cojo…” y no, eso nunca. Libertad siempre para hablar o para no hablar, libertad en todo lugar y los que deben decidir son siempre los padres, fuera los getos, fuera las exclusiones interesadas, fuera las imposiciones …libertad sin ira que teneis mucha ira en vuestro corazon de barro y, recordar, el castellano es tan bueno como el gallego, tan necesario con el y hay gente que quiere estudiar en castellano y tiene derecho, DERECHO, la Unicef dice claramente en al educacion en la lengua de los padres, de los padre, no de la que os de la gana a oscuros druidas galleguistas.
    En fin, un saludo.

  • el 28/01/2010 a las 11:39 pm
    Permalink

    Estou totalmente da cordo contigo. Os meus devanceiros foron labregos e a súa lingua era o galego, síntome leda porque me deixaron unha herdanza de unha gran fermosura..Si o Tribunal Constitucional recoñece que as comunidades autónomas teñen que protexer a lingua do pobo, ¿Quen é o rexedor que poña en dubida ese decreto?, ¿e o seguinte do ano 1998 que di, que os pais non teñen dereito a escoller a lingua na que teñen que estudar os seus fillos?. Nun país bilingüe as dúas linguas oficiais teñen que estar ao mis mo nivel, si non acontece isto unha dominará sobre a outra, que no noso caso a que perde sería a nosa verdadeira lingua: O GALEGO outra, que no noso caso a que perde sería a nosa verdadeira lingua: O GALEGO

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: