Lume no monte
Coa festa pagán do solsticio de vran – san xoán -, deixamos atrás todo o vello: as angurias que nos amolaban, os rigores do frio inverno e as humidades da chuviosa primavera. O lume purificador queimouno todo e librounos das bruxas e dos feiticeiros: reconfortámonos cos veciños e con nós mesmos, compartimos sardiñas asadas, churrasco e viño branco e tinto, rematando co indispensabel licor café, e a xoldra continuou ata que o corpo non deu mais de si. Para o día seguinte quedou a recollida dos refugallos.
Como xa é costume nesta terra, comezarán os lumes nos montes galegos: lumes que estragan a flora e a fauna, o arborado, poñen en risco vidas e vivendas, contamiñan o ár e arrastran as cinzas ata as rías, contaminando as praías e lugares de cría marisqueira.
A resposta
A mesma de anos anteriores: laios, disculpas, promesas, ameazas, datos inconcretos e torticeiros – o importante é que todo sexa confuso, así as explicacións son mais doadas -. O ano pasado o presidente falou dun contubernio contra Galicia, pero o que nunca sabemos é, ¿por qué arde o monte? ¿Quén ou quenes lle prantan lume? ¿Cáles son as causas que o motivan? ¿Fanse analises de causa/efecto? Si é que se fan, por qué non coñecemos as acción corretivas?
Titulares nos medios
A Xunta de Galicia anuncia 137 millóns de euros para apagar lumes este ano.
Noutro titular moi confuso, días despois, din que ainda non teñen os helicópteros. O xogo da confusión está en marcha: tal semella que o proceso está organizado como si dun plan estratéxico se tratara, ímos ver: queimar, apagar, limpar e retirar, cortar e plantar. O circulo está pechado e, o negocio move xente e diñeiro, e xurden as preguntas:
– Por qué non se empregan os cartos en evitar os lumes?. Ainda que o gasto sexa o mesmo non se perde o monte.
– Os intereses teñen que ser moi altos e a información é sesgada.
– Hai algunha política que regule o monte? Qué especies plantar e onde, qué distancias de seguridade entre zonas para que o lume non se propague? Faise a limpeza dos cortalumes?. É que o lume no monte parése non importar a ninguén, porqué nin está presente nos programas electorais dos partidos políticos.
Telmo Comesaña
Tienes razón Telmo. En un país como el nuestro, que tiene tanta riqueza arbórea, debiéramos tener una regulación que controlase los incendios y lo que es más importante. Vigilar a los incendiarios, bien sea porque estén enfermos o porque tengan otros intereses.
Gloria.
Vigilancia y actuación.
No sienta bien que pensemos mal pero es que cada vez es peor.
Anuncian más recursos y hay más incendios.
Da la impresión de que a más incendios más puestos de trabajo.
Mi limitada inteligencia no me permite comprender.