Día das Letras Galegas 2.011, en homenaxe a Lois Pereiro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 19 de Maio as 18 h.,  imos conmemorar neste noso Centrosociocomunitario de Coia, o Día das Letras Galegas.

Este ano o homenaxeado é Lois Pereiro.

Non vamos  a dicir nada sobre este escritor/poeta, porque a nosa compañeira Mari Ángeles ten feito unha pequena biografía e vainos falar da súa curta vida, lendo ademais algún poema dos poucos que deixou escritos.

Proxección da biografía

A continuación subirá ao escenario o grupo “Cordas e Voces”, para cantar o seguinte repertorio:
Adios ríos, adios fontes
Campanas de Bastabales
Sementeira
Irmaus
Lela

Oiremos o coro, que pouco a pouco e grazas á dedicación da súa directora Conchi, vai adquirindo eses “Novos Aires”, que é o nome que se lle deu ao grupo.
O seu repertorio:
María soliña
Quen pudiera namorala
Mentres eu peno
Vento mareiro
Os mariñeiros

Posteriormente actuará o grupo “Vagalume”
Como moitos sabedes a Pilar a veces fáltanlle os folgos para aturarnos a todas nós, por iso fixemos un cambio no grupo, que veredes a continuación.
Imos comezar cun romance de amor e desamor, titulado:
Bernardino e Sabeliña
De seguido a nova andaina de Vagalume e para rematar, outro romance, é de un cego. E para non esquecer o seu gran repertorio cantaran:
Durme meu neno durme

Ao final, os tres grupos xuntaran as suas voces para cantar, como se se tratara dunha gran coral, a canción do grupo Fuxan os Ventos:
Cara á liberdade.

Vigo, maio 2011

Redacción

A %d blogueros les gusta esto: