Laboríos na vida rural

Imagen14A vida no rural nas décadas 40 e 50 do pasado século desenvolviase dun xeito moi diferente a como se fai na actualidade. O atraso da nosa terra era evidente, e loitábase pola subsistencia. Faltaba de todo, e o racionamento durou ata o ano 1952, e porén, todolos recursos eran poucos para manter unha familia e ter uns aforros para pagar os impostos e para unha enfermidade, (problema que preocupaba moito). O agro e o mar foron fontes de vida.

Traballos na casa  Todolos membros da familia tiñan parte nas faenas diarias, aplicabase o refrán: “o traballo do rapás é pouco,  pero quen non o aproveita é un louco”.

O ter animais supuña ocuparse deles: alimentalos e terlles una  boa cama, e xa  que logo, había que apastalos, apañar herba e palla para comer na corte e limpalos. A vaca, cabras e ovellas atendelas ao parir, monxelas dúas veces ó día e vixiar as crías; o porco, mantelo ben e procurarlle boa cama, sobretodo cando se achegaba a matanza;  as aves, ademáis de mantelas, limparlle os poleiros e desinfectalos

Antes das labras dos campos, sacabase o esterco das cortes e empillabase ata que viña o labrador a virala terra.

imagesNo campo  Antes de labrar preparabase o campo e logo sementabase:  (millo, centeo, orxo, avea, etc). O millo era máis traballoso, porque requería: rarealo, sachalo, arrendalo e regar si a terra era de rega. O millo tamén era de máis rendemento, porque coa fariña faciase o pan e o farelo para o porco,os carozos para o lume e a palla para manter ós animais e estrar a corte.

As patacas, repolos, verduras,  feixóns, xudías e frutais , tamén precisaban de atención e coidados

Na viña  As viñas había que podalas, atalas,  tratalas con sulfato de cobre e xufre; cabalas,  aboalas e esfollalas. Antes de ese proceso había que cortar e limpar as canas; cortar, limpar e Fender os bimbios, que era co que se ataban: cepas,estacas,canas e aramios.

A procura do esterco  Para estercar as terras non chegaba o que producían os animais, e xa que logo, era preciso recoller os argazos que o marvotaba a Praia nos temporais do inverno:  os vecinos  achegabanse a Praia con grandes angazos, e sacaban o que podían para despois sacálo nos carros de bois, cada quen para a súa terra.Temén se procuraba no matadoiro municipal e nas conserveiras.

A procura da leña para as cociñas e os fornos era outra tarefa.

En artigos sucesivos sairán: A colleita. A vendima,viño e augardente. A matanza. A feira

Telmo Comesaña

Fotos http://anosacultura.blogspot.com.es

 

Un comentario en “Laboríos na vida rural

  • el 08/07/2016 a las 12:13 am
    Permalink

    Es verdad, Telmo. Aún recuerdo acercarse a la playa gente con un carro a recoger las algas que se llevaban para abonar el campo.
    Hace años, estando con mi marido en la playa, llegaron unos campesinos con un carro de bueyes, mi marido asombrado me dijo; ¿Qué hace esa gente?
    Yo le contesté que recoger las algas para abonar el campo. Cuando volvió a Barcelona, lo comentó asombrado, porque él era de interior y nunca antes había visto eso.
    Gloria.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: