Letras Galegas 2019 no Centro Sociocomunitario de Coia-Vigo

Como sempre, ao longo dos anos, celebramos o día das Letras Galegas no noso Centro. Este ano adicado a o antropólogo e escritor Antón Fraguas.

Dende aquí festexamos, contando coa colaboración dos nosos usuarios, este día coa ilusión renovada ano a ano esforzándonos por aportar o noso grao de area a difusión do galego e do noso folclore . As actuacións dos grupos do Centro amenizaron a tarde do día 14 de Maio, data na que se fixo a festa. Contamos coa inestimable compaña dos distintos grupos : Armónicas, Acordes, Cuerdas y vocesTamburainas ( pandereteiras) , Baile tradicional e Os Bohemios. Destacar tamén a actuación dos nosos poetas Miguel e Candela, esta ultima a pesar de avisarlle tarde adquiriu o compromiso de presentarnos a o escritor homenaxeado este ano , tarefa que cumpriu con creces.

Non podemos deixar de mencionar o moito que se botou de menos ao grupo Xeito que, por circunstancias alleas a eles, unhas persoais e outras familiares , non puideron participar este ano na nosa celebración. Tampouco tivemos a oportunidade de ver ao grupo de Teatro , que tantos ratos bos nos fixo pasar en anteriores ocasións , ao toparse algún deles de ¨baixa¨ o que lles impediu ensaiar.

A pesar dos inconvenientes, tal como reflicten as fotos e o vídeo que acompañan , podedes ver que desfrutamos moito da xornada na compaña de todos os que quixeron celebralo con nós .

 

 

 

Texto: Katusa

Vídeo y fotos: José Antonio

2 comentarios sobre “Letras Galegas 2019 no Centro Sociocomunitario de Coia-Vigo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: