Lembranzas de Samil, o naufráxio do “Monte Ayala”.

http://vidamaritima.com/2013/09/ayala-mendi/
http://vidamaritima.com/2013/09/ayala-mendi/

Ao longo dos anos os episodios son moitos e variados. O mar sempre nos sorprende con algo, porque o mar non garda nada,sempre vota fora aquilo que lle é extrano: escorias de carbón,(cando os barcos andaban a vapor e o combustible era carbón), troncos que se desprendían da carga, restos de naufraxios, como comportas de adegas, animais mortos e tamén  homes.

Naufraxio do trasatlántico “Monte Ayala”.

http://www.buques.org
http://www.buques.org

Pero vou comenzar polo naufraxio do trasatlántico “Monte Ayala”, da Naviera Aznar. O barco viña de America con pasaxe e carga, e coincidiu que esa tarde, 28 de febrero do 1941, a media tarde desatouse unha galerna como non lembro nada semellante: o barco entraba na Ría pola porta Sur, e o temporal rompeulle ou arrincoulle o timón, quedando sen goberno e vindo a encallar nos cons das Anchousas, (baixos que están frente á Praia da Espedrigada ou Garavilla, entre as praias de  Tombo de Gato e Cocho das Dornas).

Como daquela non había pinos, mirabamos desde a casa aquel lucerio, alí tan preto, e as bengalas subindo ó ceo,e as sirenas pitando sin parar.

O estrago foi terrible, na casa estabamos asustados, e meu tio Pepe colleume e levoume a casa dunha veciña,a Sra Xoana a “Cañota”, que tiña a casa moi abrigada. Eu debín de durmir naquela casa porque non dou conta ata o día seguinte que mirei aquel barco tan grande, pintado de branco, coa chimenea amarela e dúas letras negras nela: un N, e un A entrelazados.

Despois meu tío levoume a Praia que estaba chea de xente, apañando o que saia do barco: laranxas e outros comestibles…e coa fame que se pasaba! E por alí tamén a Garda Civil contolando a situación. Enriba das pedras había unhas táboas, o resto dun bote salvavidas, no que según dician fora o que votaran ó mar para pedir auxilio en terra. Nél, embarcou  un mariñeiro que chegou a praia enriba das táboas do bote desfeito. Este mariñeiro saiu rumbo a Bouzas (hai que lembrar que daquela a estrada remataba na entrada do matadoiro, e o home atravesou os campos e chegou a una casa que había e hai na Avda Atlantida, sin decatarse que pasara por as dúas que estaban e están frente o matadoiro,hoxe Museo do Mar).

Levarono a varar á praia de Meira-Moaña,

Aproximadamente un mes despois, aproveitando a chea dunha marea viva, sacarono dalí e levarono,según dicían, a varar á praia de Meira-Moaña,para taparlle as vías de auga e levalo a Ferrol o dique.

Ese día eu estaba alí con meu tío Pepe e outras xentes mirando   como un grupo de barcos tiraron dél e arrincarono das pedras, e fixo ruido. O que se falaba alí era que lle puxeran bidóns por debaixo do barco para feflotalo, e aproveitando a pleamar sacalo..

Falouse que faltara  un home de Coruxo que saira a pescar nunha gamela a tarde da galerna, e eu, como non tiña con quen enredar estaba sempre atento ó que falaban os homes, e aconteceu que pasados uns 15 días  vin pasar por diante da casa a un mariñeiro cunha patela pequeña, e ía  con moita presa e alporizado, entón eu baixei ata o Cocho das Dornas e vin tumbado na area un home morto, vestido  coa roupa de augas, e tiña a cara con buracos e color gris, e sen ollos; e de súpeto apareceu o mariñeiro coa Garda Civil; eu fuxín para a casa como un lóstrego, e calei como un peto.

De cando o mar votou lan de ovellas

Uns anos despois, antes do 1946, porque daquela xa se chegaba a Samíl por estrada. Pola mañán mirouse xente na praia, algo fora do normal porque era na veira do mar e non era carrumeiro. Correuse a voz e a xente que andaba a traballar nos campos arreou a faena e marchou a por lan. Eu estaba enfermo e non me deixaron ir, pero desde a fiestra miraba o rebulir na praia: miña nai e miña tía Pura apañaron o que puderon, e logo, lembro que votaron días no pilón, lavando e tirandolle as areas, e despois fixeron un colchón de lan; coido que foi o primeiro que houbo na casa .

Parece ser que a procedencia era dun barco que se afundira e saiulle a carga. Daquela tamén a Garda Civil tomou “cartas no asunto”, pero a “lan” quedou no poder dos que a apañaron.

Telmo Comesaña

 

 

6 comentarios en “Lembranzas de Samil, o naufráxio do “Monte Ayala”.

  • el 25/08/2016 a las 2:04 pm
    Permalink

    Garcias Telmo por compartir con nos esas lembranzas de tempos pasados.
    Celia

  • el 26/08/2016 a las 6:21 pm
    Permalink

    Telmo te aconsejo que escriba un libro de tus recuerdos asociados a la historia de nuestra ciudad. Son textos muy buenos, llenos de detalles históricos dignos de guardar. Muchos, con menos conocimientos, ya se atrevieron a publicar varios libros. Tú escribes bien y, además, es interesante y bueno lo que nos cuentas. Tienes méritos para preparar ya un libriño de “memorias del chico de la revista de Coia”. Ya hasta te doy el titulo. Un abrazo. Alex

  • el 26/08/2016 a las 7:53 pm
    Permalink

    Gracias por compartir con nosotros estos recuerdos que son un testimonio de una época pasada de Vigo que, siempre es interesante saber.
    Gloria.

  • el 27/08/2016 a las 2:00 am
    Permalink

    Me gusta mucho como escribes y encuentro muy interesante lo que cuentas de esta zona de Vigo pues supongo que nadie se imagina las cosas que han pasado antes. Opino igualmente que deberías escribir tus anecdotas y recuerdos de tu niñez.

  • el 06/09/2016 a las 9:28 pm
    Permalink

    Excelente artículo.

  • el 10/09/2016 a las 9:47 pm
    Permalink

    Me encanta conocer estas historias ojala hubiese un libro,yo no tengo abuelos ni padres por desgracia se han marchado ya con dios ,me gustaría poder leerlo anime se a hacerlo por favor ,yo lo compraría.Por cierto soy de Alcabre

Los comentarios están cerrados.