Lar

jpg
Confeso que son un namorado da escrita de Neira Vilas. Os seus relatos están cheos de sentimentos,de amor a terra, a lingua, a vida, aos amigos e a familia; as cousas máis insignificantes que para él eran tesouros.
En LAR, móstranos as arbores, as corredoiras, o monte, o carro das vacas, o berce que o abanou, o muiño, o cemiterio e os currunchos da casa familiar. Lembranos o devalar do día, a choiva mesta , as mans do pai, as angurias e as ledicias, e todo con un agarimo cautivador.
Cando volta a terra faino coa súa dona Anisia Miranda, e para lembralo nada mellor que trascribir un anaco do primeiro relato, que dí así:
54afee238ad47-22884-neira-vilas-1-dias-cuba_0-jpg
“Amiga
Ven, Anisia, compañeira de todas as horas. Ímos procurar, collidos pola man, os lugares da miña nenez. Pasaremos a ponte de vella cantería, iremos pola beira do río, escoitando o murmurio eterno das augas. Andaremos, amiga, carreiros e camiños nos que podo -e anceio –recoñecer cada relanzo, cada pedra, o chiar de cada paxaro…

Aquí, dende o meu berce pequecho, sentín o primeiro gurgullar do mundo; ouvín e dixen logo as primeiras falas; voteime a andar. Chorei longas bágoas e tamén rin a cachón. Xogaba con chafaricos que eu mesmo fixen. Por min   libros_2771 pasaron molladuras e friaxes, e souben dende moi neno a suor que dá o traballo…” e segue debullando a súa vida na aldea.

A Neira Vilas hai que lelo paseniño,para meterse nos lugares onde él andou nos primeiros anos da súa vida. Si a letura faina outra persoa, o mellor é pechar os ollos e deixarse levar e vivir as emocións que trasmite o autor.
LAR, NAI E PAN, son tres pezas recollidos nun mesmo libro acompañado cun CD, coa voz de uxía Blanco.
  Texto Telmo Comesaña
Telmo-Comesaña

Un comentario en “Lar

  • el 06/10/2016 a las 5:58 pm
    Permalink

    Has escogido un texto muy tierno y lleno de sensibilidad, que efectivamente me hace recordar mi niñez y el auténtico amor y respeto que se tenían mis padres.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: