La historia de la radio en el Verbum

O Verbum – Casa das palabras inaugurou o 4 de maio dentro das súas instalacións o museo da Radio de Galicia, unha instalación composta por máis de 300 pezas doadas por emisoras, institucións e particulares, que repasa a historia deste medio de comunicación en Galicia dende o nacemento do medio de comunicación en 1920 ata finais do século XX.Una interesante exposición.
A exposición está promovida polo Concello de Vigo, a través do museo Verbum. Casas das Palabras, que será a súa sede estable. Con esta iniciativa este espazo cultural de referencia reforza os seus contidos –o seu obxectivo é a palabra en todas as súas formas de expresión- e achégase aínda máis a todo tipo de públicos, mediante un proxecto que implica a todos os galegos e galegas.

Galicia polas ondas foi posible grazas ao aporte desinteresado das emisoras galegas pioneiras, que acumulan o patrimonio máis emblemático, pero tamén resultou decisiva a colaboración dos medios máis recentes, con materiais fotográficos, sonoros, etc.
Así mesmo, non menos esenciais son os fondos cedidos por coñecidos profesionais históricos da radio en Galicia e, sobre todo, por diversos museos, institucións, arquivos e fundacións. Tal é o caso, do Museo do Pobo Galego, Museo de Pontevedra, Fundación Penzol, Arquivo Pacheco, Arquivo Provincial de Lugo, Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, etc.

O feito de que esta exposición teña como escenario a cidade de Vigo fixo decisiva a especial colaboración amosada por Radio Vigo, ao contar con boa parte dos fondos materiais, gráficos e sonoros máis significativos que se coñecen, xa desde a década dos trinta.

El impacto de la radio.
O Museo amosa o impacto das emisións radiofónicas en Galicia. As primeiras foron en xaneiro de 1933, en Santiago de Compostela, para promover o Estatuto de Autonomía da II República. Pero case inmediatamente, impulsadas por empresarios pioneiros, naceron as primeiras emisoras de Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo.

Os contidos.
A exposición presenta materiais moi diversos, desde antigos equipos das emisoras -haberaos desde os anos trinta- ata fondos documentais, guións e fotografías sobre a historia galega deste medio, que en gran medida viviu o seu proceso en relación directa coa propia historia galega nos últimos oitenta anos.

Galicia polas ondas ofrece tamén unha amplísima e diversificada relación de fondos sonoros cedidos polas emisoras e coñecidos profesionais e exprofesionais do medio, que souberon conservalos para a posteridade. Neste apartado hai que destacar a colaboración do Arquivo Sonoro de Galicia, dependente do Consello da Cultura Galega, que aportou fondos históricos de gran valor, e da Facultade Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago, que colaborou no seu día na dixitalización de gran parte dos documentos sonoros que se poderán escoitar.

Fuente: Casa da Xuventude-Diario Dixital.

A %d blogueros les gusta esto: