"Jubilation"

Dicía un compañeiro meu que “xubilado” viña do latín jubilation.  Supoñía que, tras unha vida de traballo, tiña dereito a facer o que lle petase, ou sexa, a gozar da vida. Pobriño, non sabía o que lle viña enriba.
Mais é ben certo que para a nosa mocidade, o problema é de órdago. Por un lado comezan tarde e mal a traballar e, por riba, terán que facelo (cando atopen traballo) máis aínda do que di a lei, se é que queren comer de velliños.

Naturalmente que, para que poidan atopalo, os outros teñen que xubilarse. Pode que a vostede non lle guste, pero é o que hai. Na miña modesta opinión, estes arranxos e pactos económicos non son máis que pan para hoxe e fame para mañá.
Síntoo pero tanto cursiño está de máis para a maioría, As nosas rapazas e rapaces están (non sei quen dixo isto) “sobradamente preparados”. Fáltalles a experiencia, como sempre pasou, de teren un traballo, unha responsabilidade, un medio de vida.
Creo que hai un momento na vida en que as ilusións non se deben arrincar. Digo isto pois parece que van ser as empresas as que decidan o que teñen que estudar. É bo soñar. Unha persoa preparada adáptase mellor a calquera outra cousa. Aínda que non pase dunha cadea de montaxe, ao menos terá en que pensar, e ao saír, saberá gozar da vida, dos amigos, da familia, das afeccións etc.

Hélène

2 comentarios en “"Jubilation"

  • el 17/01/2011 a las 2:18 pm
    Permalink

    Nunca los empresarios tuvieron una juventud tan preparada, lo que ocurre es que quieren pagar como a peones a personas mejor preparas que ellos y cargarlos de responsabilidad y de horas extras, sin pagar, solamente por mil euros al mes. Todo ese potencial se está perdiendo y los jóvenes se desesperan, mientras a los que llevamos cotizando más de cuarenta años y cumplimos los sesenta y cinco, nos piden dos años más de trabajo. Si no nos jubilamos, ¿dónde van a trabajar nuestros hijos? Miguel Correa

  • el 17/01/2011 a las 6:27 pm
    Permalink

    Sin duda alguna, con el problemón del paro nos encontramos la mayor preocupación que actualmente tenemos en España, pues los jóvenes -de momento- van subsistiendo gracias a los padres. Pero que pasa con todos esos trabajadores/as que día tras día están engordando las listas del paro y que tienen una edad que dificilmente podrán encontrar trabajo. Aún encima al querer endurecer las condiciones de las cotizaciones y aumento de la edad de jubilación, el futuro me parece que va a ser muy oscuro.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: