Inverno sen choiva…rogativas

Anda a xente alporizada polo prezo da eletricidade, e non é para menos. Noutros tempos xa era importante, pero non tanto como agora; arestora está todo eletrificado: os fogares, ademáis do alumeado teñen todo los complementos que precisan da eletricidade.  E si o miramos con máis amplitude, sorpréndenos que sin ela quedaría todo parado. E  dinnos que é porque non chove e os encoros están valeiros, e xa que logo, como a demanda é maior que a oferta, os que a producen aproveitan para mellorar o negocio. Fala o ministro do ramo e dinos que pode ser peor, e da unha información que ninguén cré. Qué pouco creto ten esta xente. Meu deus!

O que non di o ministro, nin os presidentes é a enerxía que estamos a perder de tanto sol como temos, e, xúrdeme unha pregunta. Por qué tendo tanta riqueza solar  seguimos queimando petróleo para producir electricidade? Do poder non espero resposta, porque o poder está ó servizo dun sistema que despreza o mundo do traballo, as clases máis baixas da socidade.

A história non remata aí; onte oín falar o presidente do gobernó de España e o da Xunta e dicían que iso ía rematar porque xa ía chover. Esa “información” despertou en min lembranzas da miña adolescencia e xuventude.

Daquela tamén había invernos con seca, mais non eramos tan dependentes desa enerxía, malia que a corrente era necesaria para mover os tranvías e a pequena industria, (as máis grandes tiñan autonomía propia) a choiva era fundamental pro campo, as terras de secano si non chovía en momentos nos que as prantas precisaban auga, perdíanse as colleitas,sendo o millo o máis afectado.

E tamén había laios: o xefe do estado aproveitaba calquerira  acontecemento  para culpar a “la pertianaz sequía y al contubernio judeo-masónico”, e a Igrexa facía a parte máis importante e cativadora do medo ó mais aló.

“Dios nos castiga por nuestros pecados. España es un país de misión, porque  para aplacar la ira de Dios hay que ser buenos cristianos y cumplir los mandamientos de Dios y los de su santa Iglesia”.  Os sermóns son terroríficos, coa ameaza constante do inferno, “ardiendo eternamente sin consumirse y  con horribles dolores”.

Canto medo lle tuven eu o inferno!

Arestora os políticos xa non precisan da Igrexa para anunciar a choiva, agora é a tecnoloxía a que avanza por onde irá o tempo, pero daquela o recurso eran as… Rogativas

Cando as xentes empezaban a laiarse pola falta de auga, os curas procedían a organizarse  e facían as rogativas por parroquias. Cecais, para entendelo mellor compre ir as películas do oeste, nas que os indios eran parvos e malvados mentras que os brancos eran os listos e os heroes, pois víanse aos indios facer chamadas aos espiritos para que lles mandara a choiva porque as pradeiras quedaban sen herba pra manter ós animais. E nós casi o mesmiño que os indios do oeste americano, pero, pedíaselle a Deus e ós santiños,  e o procedemento desenrolabase do xeito seguinte:

Comezaban os rezos e as pregárias da igrexa e logo saíase en procesión implorando a Deus piedade e facendo oracións e sacrifizos para aplacar as iras do Señor. Coido que se facían pola tarde,  e en cabeza ía o sacristán coa cruz e, detrás o cura revestido con casulla e estola e un libro na man, ao carón del un rapás co caldeiro da auga bendita e o isopo; detrás ía a xente, homes e mulleres- sempre máis mulleres que homes – eles coa gorra na man e elas cun velo enriba da cabeza, rezabanse oracións e o rosario e cada certo tempo, cantábase algunas das cancións habituais, unha delas máis acaida para o que se pretendía:  aplacar as iras do Señor, e dicía:  “no estés eternamente enojaado / no estés eternamente enojaado / perdonanos señor…”,  e a xente íase emocionando e os cantos subían de ton destacando as voces femininas sobre as masculinas. Facíase un percorrido e despois voltábase a igrexa e remataba o acto.

As procesións repetianse nas outras parroquias da contorna, ata que un día chovía.

Aleluia! Aleluia! Deus apiadouse de nós.

Telmo Comesaña   xaneiro 2017

7 comentarios sobre “Inverno sen choiva…rogativas

  • el 2 de febrero, 2017 a las 9:05
    Permalink

    Os artículo de Telmo tan interesante como sempre, fainos revivir momentos esquecidos. O guiño musical moi adecuado e divertido.
    Celia

  • el 2 de febrero, 2017 a las 19:52
    Permalink

    Telmo, eso fue hace unos días; ayer ya llovióy no digamos el vendaval de la noche. Ya está todo solucionado, ya van a bajar el precio de la energía electrica. (ja, ja, ja…)

  • el 2 de febrero, 2017 a las 20:01
    Permalink

    Tu artículo me recuerda cuando me contaba mi padre que en su pueblo, sacaban a la Virgen, como dices tú, pero, y aquí el detalle, ellos metían a la Virgen dentro de un charco. Supongo que para que se enterase bien que lo que querían pedirle era agua. Y aún lo siguen haciendo! La verdad que fui un par de veces y me reí bastante. Pregunté el motivo de seguir con esto y me dijeron que, “era una costumbre”. Menos mal que el cura va atento para que no mojen la imagen que es bien bonita. Por cierto el vídeo musical es acojonante,. Me parece divertido pero me lo imagino en una noche, procesión y demás y es para morirse de miedo. Hay mucho “Edgar Allan Poe”, dentro y fuera de la revista, ja,ja

  • el 2 de febrero, 2017 a las 20:24
    Permalink

    Si Alex.Fixeche un bó apuntamento. En San Paio de navia tamén lefabano santo patrón o río Lagares, e un ano meterono no río e estragarono, pero despois o fubolista Pahiño, regalou outro que pasou a chamarse sampoiño
    Iso, seguramente de cachondeo, era o que se falaba en alcabre

  • el 2 de febrero, 2017 a las 22:19
    Permalink

    A

  • el 3 de febrero, 2017 a las 14:14
    Permalink

    ¡Ay! Telmo, Telmo. Aquellos tiempos de misa y Santa Misión, ya pasaron, pero tú aún sigues recordándonoslos.

    Pues nada. También había gente que aprovechaba para distraerse un ratito con esas cosas. Porque desde que llegó la tele, a los curas les bajó mucho la audiencia.

    Un día nos tienes que hablar de los espectadores y espectadoras que había en las bodas de tronío.
    Gloria.

  • el 5 de febrero, 2017 a las 13:39
    Permalink

    Los tiempos avanzaron en todo, incluyendo las manifestaciones de piedad popular (según las zonas). Pero de la Iglesia no venían mandatos a este respecto.
    Galicia, “terra de meigas”, en el ambiente rural ,siempre destacó en manifestaciones religiosas y profanas, arraigadas desde muy antiguo en leyendas y tradición histórica.
    En la ciudad donde nací y viví (Orense), era diferente.

Comentarios cerrados.