Insensibilidade diante da cegueira

Por experiencia sabemos que o sentido da vista é fundamental para o desenvolvemento das persoas: xa sexan mulleres ou homes; novos ou vellos, a idade case é indiferente.

A cegueira ten varios espazos: dende unha baixa visión a unha cegueira total. Non hai dúbida que este último caso é o máis problemático, e si ademais a persoa que a padece é xorda, entón a persoa convértese nun ser illado.

Unha nova en Faro de Vigo do día 20 de xaneiro da un titular que preocupa moito.

Unha invidente de Nigrán non pode usar o autobús por carecer dun paso de peóns.

María Teresa Rivera (foto de Alba Villar)María Teresa Rivera reclama a Xunta de Galicia, por ser esta a titular da estrada PO-325, (antiga vía do ferrocarril Vigo-Ramallosa- Baiona-Gondomar). Preto da súa casa están as paradas do bús que que enlaza Vigo con Baiona. O problema estriba en que ó non ter un paso peonil, non pode cruzar por medo a ser alcanzada –ela e a cadela-guía- por un vehículo ou ciclista; os pasos de cebra máis pretos están á máis de 700 metros dirección Vigo e 800 metros dirección Ramallosa. É dicir: si vai a Vigo ten que percorrer 1.4 Km para chegar a parada, mentras que si ven de Ramallosa ten que facer 1.6 Km de percorrido. Dedúcese que entre paso e paso hai 1500 metros.

Mª Teresa dirixiuse a Xunta en tres ocasións: 2013, 2016 e 2017. A única vez que lle contestaron foi ó través do teléfono: “dixéronme que tiña pasos a 100 metros,cousa que non é certo”.

No relato da xornalista Neli Pillado enxérgase unha fotografía de Teresa Rivera co seu can-guía a beira da estrada que é máis expresiva cas palabras.

Esta invidente vive na urbanización “As Estelas” . A xente sen traumas cruza directamente xogándose moitas veces a propia vida. Teresa non pode facelo –nin acompañada por outra persoa-, porque “Mabi”, a cadela-guía, está formada para cruzar en pasos semafóricos e cebras; de intentalo o animal non lle-lo permitiría.

Chama a atención o desleixo das autoridades respecto das minusvalías.

Apoio municipal”

“Dispón dun mando para activar os semáforos nos que o Concello activou os avisos para as persoas con discapacidade visuais; mais estes, quédanlle moi a desmán. O goberno municipal facilitoullo e tamén apoia o seu requirimento.

Dende a Administración municipal remitiron dous escritos á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nos anos 2016 e 2017; asegura o alcalde, quen afirma que incluso trasladou o asunto ao Delegado da Xunta en Vigo, nunha reunión o pasado xullo. O Delegado foi receptivo e afirmou que a semana seguinte pintaríase o requirido paso de peóns coas características especiais para as persoas con dificultades de visión”.

Ben se ve que seis meses despois as cousas seguen sen ser atendidas e, unha invidente acompañada dunha cadela-guía, farta de ser desprezada polas administracións teña que afrontar en solitario un problema que é de toda a sociedade . Eu, con baixa visión, sei o que significa a preocupación para cruzar nunha rúa ou estrada e, coido que no lugar referido hai un tramo sen beira-rúa.

Señoras/es da Xunta e do Concello:

Mágoa pensar que estamos aos caprichos ou incapacidade das autoridades que están pagados para resolver os problemas da xente e moi especialmente as minusvalías. Como se pode entender que un alcalde que, coñece o problema e apoia o requirimento, se conforme con dirixir dous escritos a Xunta e falar co Delegado en Vigo, admita que seis meses despois non teña resolto o problema?

O alcalde é responsable da seguridade da veciñanza do seu concello. Quizais non teña carácter para presentarse diante da conselleira en cuestión para esixirlle que cumpra cun requirimento que afecta aos “dereitos humanos” recollidos na Constitución do 1978.

No escrito non se menciona a ONCE, que tamén debe –entendo eu- velar pola seguridade dunha afiliada e do animal de compañía.

Certamente que é difícil entender tanto desleixo das/os responsables e tanta paciencia ou submisión das/os afectadas/os; tal parés que só responden diante dunha manifestación de protesta ou algo semellante.

Telmo

Telmo Comesaña xaneiro 2019

2 comentarios sobre “Insensibilidade diante da cegueira

  • el 30 de enero, 2019 a las 20:37
    Permalink

    Yo tenía un amigo ciego que me contó una experiencia muy desagradable. Como a menos de 30 metros de su casa, cayo en el socavón de una obra pública y al salir de ahi, había perdido la orientación y no podía saber donde se encontraba y tuvo que pedir socorro. Hice un relato sobre ese hecho. La verdad es que algunos tenemos algún sentido poco hábil o en algún caso ni se tiene, pero hay un sentido que debiéramos de tener todos, que no voy a nombrar, ya que todos sabemos cual es que parece que muchos lo han perdido y sobre todo las personas responsables de cargos públicos, que precisdamente lo pierden al tomar posesión de su cargo. ¿Será que hay un virus que solo ataca a los cargos públicos? Habrá que investigar. Un abrazo Telmo.

    Respuesta
  • el 5 de febrero, 2019 a las 19:49
    Permalink

    Gracias Jesús pola túa sensibilidade

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A %d blogueros les gusta esto: