II Edición de Monólogos Solidarios, organizada por Intermón Oxfam.

O humorista vigués Cándido Pazó participará na II Edición de Monólogos Solidarios, organizada por Intermón Oxfam Vigo a favor de Tanzania.
Por segundo ano consecutivo a solidaridade vístese de humor da man dos Monólogos Solidarios. Nesta ocasión será Cándido Pazó o encargado de mesturar inxenio e solidariedade nunha noite única. A cita terá lugar o vindeiro mércores 2 de marzo ás 21:00 h. no Auditorio do Centro Cultural NovaCaixaGalicia. Entradas a 5 €
As entradas teñen un prezo de 5 euros e xa se poden adquirir por medio de www.servinova.es, chamando ao número 902 504 500 ou na Tenda de Intermón Oxfam en Vigo (R/ Ecuador nº 31, baixo).
O proxecto:
O 60% da poboación das zonas de Tanzania nas que Intermón Oxfam desenvolve o seu traballo viven a metade do ano coa incertidume de non saber se poderán comer a outra metade. O cambio climático, a falta de maquinaria e formación e a pouca saída comercial da producción agrícola implica que nos momentos críticos, entre colleitas, as familias teñan que endebedarse para comer, normalmente con intereses desorbitados.

En Intermón Oxfam queremos romper o ciclo da pobreza, asegurando a alimentación por medio do fomento das capacidades productivas e asociativas da poboación, para que poidan dispoñer de alimentos todo o ano e xerar ingresos de forma estable.

Informa. Intermon.

A %d blogueros les gusta esto: