Homenaxe a Telmo

 

Recentemente un amigo chamoume para dicirme que tiña que falar comigo e corríalle presa; o tempo ía correndo e el ía adiando o asunto; deulle unha morea de voltas e pensei …que diaño lle pasa a este. Atalleino e díxenlle que se achegara a miña casa e falabamos con tranquilidade: pareceulle ben e fixamos pro día seguinte ás once horas.

Meu dito, meu feito”, ás once estaba aquí, pero con el viñan dous máis, tamén amigos. Pensaba eu, que buscarán estes tres. Falamos unha pequena conversa protocolaria e foron ó asunto: “queremos facerche unha homenaxe como representante da Memoria Histórica”. Levanteime e pregunteilles si estaban tolos. Eu nunca fixen algo para ser recompensado. Fago o que penso que debo facer: axudar as persoas que buscan aos seus devanceiros sexan de onde sexan e pensen como pensen, e nada mais.

Aguantaron o “chaparrón” e trataron de convencerme da importancia que tiña para as persoas que –como eu- traballabamos para axudar ás familias como o que significaba para elas.

Aceptei

Resultou que ata as miñas fillas e outros amigos/as xa o sabían; o “parrulo” era eu.

Nun tríptico da “Iniciativa Galega” difundiron os actos á desenvolver nesa xornada:

-Recepción no monumento da “Volta da Moura” con lectura dun poema de Marga do Val e, ofrenda floral naquel “Lugar de Memoria”.

-Acto principal na aula da UNED en Tui

Coa presenza na mesa de Juan Soto, Manolo Vázquez “Ferruxo”, Xosé Álvarez Castro, historiador, Eu e Anxo Ferreiro Currás deu comenzo o acto.

Cos asistentes postos en pé e ao son da

música interpretamos a canción “Venceremos Nós”. A poesía de Mª de los Ángeles Comesaña, (filla de exiliados), dende México, cativou ao auditorio. Juan Soto e Xosé Álvarez déronlle continuidade ao acto; asemade falaron persoas de Tui e da bisbarra. As miñas fillas leron un discursiño referente ao seu pai. Anxo Ferreiro presentoume a min, e de contado, antes da miña intervención, o neto de Raúl Francés interpretou ao acordeón o “himno de Riego”.

Agora era o meu tempo, xa que logo, falei das mulleres da miña familia.

Avoa e tías

Non escribín ringleira ó efecto, deixei que a memoria e os sentimentos tiveran a liberdade para expresarse. Sempre falamos dos homes: discursos, fotos, imaxes dos lugares de memoria e, como sempre, as mulleres no esquecemento. Cumpría falar de Mamalina (nai de meu pai e de meu tío Antonino); miña nai dicía dela que era a nai amorosa, a que todos e todas querían, incluso a veciñanza.

– Miña tía Segunda Álvarez muller de tío Secundino, que criou a miña irmá Margarita dende os oito meses aos 4 anos; tía Cecilia que foi torturada cun rapado de cabelo -unha noite nun camiño preto da casa- porque non dicía onde estaba agochado o seu home: xa era nai de seis fillos e estaba embarazada de oito meses, aos poucos días pariu unha nena. Tía Isaura muller de tío Hixinio, que cuidaron ao meu curmán Guillermo e, miña tía e madriña Paulina. Todas nos deron moito cariño pero os aloumiños de tía Cecilia e da tía Isaura eran especiais. Delas sentín o que era tenrura. Elas con miña nai e Mamalina teñen un espazo especial na miña memoria.

De miña nai falei pouco, o preciso para recoñecer o seu esforzo para sacarnos adiante; as angurias ó non poder darnos a escola que meu pai desexaba (un día díxome que cando eu era pequeniño, eles falaban do futuro e ela díxolle: …cando o neno faga a primeira comuñón…, El atallouna e díxolle: eu quero que os meus fillos se críen nun país laico e libre, e que estuden, que estuden e que estuden). Outra cousa que me dixo foi (teu pai quería facer unha casa na Feixoeira).

Eses e outros comentarios, para min eran consignas que tiña que cumprir. E así o fixen: a casa na Feixoeira foi o acubillo da miña familia dende xullo do 1971, e miña nai viu a vivir nela o 30 de novembro do 1999, cando o pasamento da miña irmá Margarita.

Dous anos viviu connosco –foi o tempo que mais falamos das nosas vidas; ás veces poñíase nervosa e tiñamos que cambiar de tema. Nunca admitiu a perda do seu home.

Finou o 19 de xaneiro do 2002 despois dun ictus que a mantivo un mes en coma. O 22 de decembro do 2001 o médico de urxencias díxome que ían subila á planta . Pregunteille si podía recuperarse e contestoume que non. Decidín levala para casa e que finara alí, na súa casa. As seis da tarde do sábado 19 de xaneiro finou serenamente. Quedeime con ela un tempo. Faleille algo, non lembro o que, dinlle un bico. Na miña cabeza bulían dous escenarios: nun, meu pai tirado nunha cuneta, ensanguentado e a roupa estragada; ao seu carón o seu irmán Antonino e un home do Vigo-Nigrán. Despois de doce horas de macabra exposición, Manuel Iglesias Prado, veciño de Vincios, levounos no carro de bois ata o cemiterio de Mañufe onde os enterraron sen caixa. Mentres a miña memoria ía procesando estes episodios, eu estaba ao carón da miña nai xa finada; ela morreu na cama dignamente.

Sentinme ben, aliviado…seguimos o proceso habitual. Ela era moi relixiosa e cumprímoslle os seus desexos. Sentinme protagonista entre meu pai e miña nai. Pecharase un ciclo. 

Non esquezo aos avós cos que me criei nin a miña tía Pura e meu tío Pepe, pero hoxe tocáballe a elas.

-O terceiro acto desenvolveuse ao carón da estatua de Sócrates, alí houbo poesía e danza; interpretáronse o “himno á liberdade” de Labordeta e o “himno galego”.

-Xantar no Parador de Tui

Foi moi distendido e agarimoso: as apertas das persoas coñecidas e descoñecidas, os comentarios e as anécdotas, as entregas de agasallos, as sesión fotográficas e a música fixeron de min e da miña familia, asemade dos e das asistentes, un día de emocións e de achegas a tódalas persoas que asistiron, as que non puideron facelo e me mandaron escritos amigables, etc.

Dende este humilde escrito doulles as “gracias” mais afervoadas do meu ser. Moi especialmente aos que pensaron que eu era a persoa merecente desta homenaxe tan singular que traballaron arreo para que o resultado fose tal como foi: perfecto.

Telmo Comesaña decembro 2018

Palabras das fillas de Telmo a seu pai.

“Para quien no nos conozca, somos las hijas de Telmo, Beatriz, Paula y Teresa.

Estamos aquí para participar en este homenaje a nuestro padre y para compartir una visión un poco más personal.

Cuando eramos niñas, de las causas de la muerte de nuestro abuelo teníamos un conocimiento vago, a partir de comentarios pillados de conversaciones de adultos. Con el tiempo, al mejorar la información que tenemos como adultas, podemos darnos cuenta de que Telmo padre es un reflejo del Telmo hijo-huérfano de padre asesinado.

Sin haber tenido la oportunidad de conocerlo, de algún modo, el legado moral de nuestro abuelo ha pasado a nosotras y a la siguiente generación.

De lo que mi padre nos enseñó resaltaría dos cosas. Cosas que el suyo no pudo transmitirle oralmente pero sí con su ejemplo:

Una es que la vida hay que vivirla como te toque, pero sobre todo, con responsabilidad, integridad y dignidad.

Y la otra es la importancia de la educación. Hace unos días nos contó que mi abuelo quería que sus hijos se criaran en un país laico y que estudiaran, estudiaran, estudiaran. Esa siempre ha sido su obsesión con nosotras. Siempre nos dijo que la educación era la herencia más importante que nos podía dejar. Y que la educación era lo que nos permitiría ser independientes y autónomas, algo que para tres mujeres nacidas en pleno franquismo fue muy importante. El testigo lo ha recogido la siguiente generación, mi sobrina Sara, que no puede estar aquí por cuestiones de trabajo.

Sólo queda dar las gracias a los organizadores de este acto de homenaje, a todos los presentes, a los que les gustaría estar aquí pero no pueden, a nuestra madre Cándida y por supuesto, a nuestro padre, Telmo. Es un orgullo ser su hija. Muchas gracias.”

Un comentario sobre “Homenaxe a Telmo

  • el 7 de enero, 2019 a las 21:18
    Permalink

    Grazas Telmo por permitirme entrar na túa casa coa túa familia para ofrecerche a miña sincera amizade. É un eloxio capaz de coñecer na vida coas familias cos valores da humanidade. É verdade, a vida debe ser vivida con responsabilidade, integridade e dignidade. Beatriz, paula telmo. É un orgullo ser a túa filla. Moitas grazas. As túas palabras fan tamén a miña. Telmo, como vos falan as túas fillas, tamén me expreso. Grazas

Comentarios cerrados.