Homenaxe a outro ilustre Bohemio

Homenaxe a outro ilustre Bohemio, Xoan Luis (Juanlu)

O martes día 15 de Xuño de 2021 e con motivo d’unha Xuntanza Bohemia se lle impuxo a medalla o compañeiro bohemio Juanlu.

Iste compañeiro e amigo o definiría con tres eses: Serio, Sobrio, Sincero.

E un home polifacético na música: toca a guitarra, pandereta, batería….etc e canta ben.

Como persoa paréceme extraordinario.

¿Por qué dixen o das tres eses? Moi facile, e un home serio de semblante e tamén de feitos. Da a sensación que sempre está facendo as cousas por primeira vez. Sempre pensando no que fai para milloralo na medida que poda.
Sobrio pola constancia que ten e pon sempre. Parece non cansarse nunca.
Sincero con él mesmo e cos demáis e sempre levado polo sentido construtivo. Nunca como crítica destrutiva.

No tema do manexo istrumental podo decir, dentro da miña pouca sabiduría, que a guitarra a toca moi ben, a pandereta maravillosamente e a batería, polo que poiden saber, non ten menosprecio algún.

Cantar canta que da gusto escoitalo. E verdade que ten temas que os interpreta con mais seguridade, que se encontra mais a gusto nunha palabra.

Pois ben así e a grandes rasgos o compañeiro homenaxeado.

 

 

 

Texto: Antonio Fernández

Vídeo: Juanjo

A %d blogueros les gusta esto: