Hai talento

 

É ben certo que os medios de difusión recollen o que acontece na sociedade; porén distribúeno en papel en seccións: local, opinión, sucesos, sociedade, deportes, etc.

Asi,  sabes a onde ir cando precisas informacións concretas. Velaí, que como os tempos van mudando van  aparecendo  outras novas moi interesantes que atopas  ciscadas  e que -ao meu entender- precisan dunha sección concreta, por exemplo, a Ciencia.

Duns anos para có estase a producir un fenómeno estraño para unha sociedade procedente de agricultores e mariñeiros á que lle costa moito asimilar o cambio que se estáa dar co talento que cada ano producen as tres universidades que temos en Galiza.

Eu non son quen de cuantificar o número de licenciaturas  e doutorados de enxeñería, economía, química, metalurxia, historia, medicina,  e enfermería, filosofía, dereito, bioloxía, etc., etc.  pero si, da necesidade de xuntar toda a información que producen as universidades galegas.

Xaora é frecuente atopar, con gran satisfacción, novas como estas:

María Jesús Lamas

-María Jesús Lamas. “Directora  de la Agencia Española del Medicamento.”Hay prisa para desarrollar la vacuna del coronavirus  y evitar que sea peor en otros años”. “La inversión pública en el desarrollo de fármacos tiene que retornar”.

“A súa ficha persoal:  doutora en farmacia pola Universidade de Santiago, acreditada  como farmacéutica clínica en Oncoloxía.  Dirixía o Servizo de Farmacia do CHUS e lideraba o Grupo de Investigación  de Farmacoloxía do IDIS-ISCIII.  Dende 2018 é directora  da AEMPS  (Faro 28 febreiro, páx. 6).

-El Cunqueiro persigue precisar el diagnóstico de tumores cerebrales gracias a la beca Castellanos.

Isaura Fernández“A oncóloga Isaura Fernández busca saber si un tumor é máis ou menos agresivo  mediante información xenética  para adecuar o tratamento”. (Faro 29 febreiro, páx.8).

Pilar Montes Lourido-Pilar Montes Lourido. “Ser científico es tener una mente abierta, creativa y adaptada al cambio”.

“Sus estudios sobre el sistema auditivo  en Pittsburgh (EEUU) revierten  en mejoras tecnológicas”.

Perfil: Despois de estudar psicoloxía, cursou o máster e o doutorado de Neurocirurxía na Universidade de Compostela. No 2016 incorporouse como investigadora pos doutoral á Facultade de Medicina de Pittsburgh.

O seu grupo está especializado no sistema  auditivo.

(Galegas á vangarda. Faro 23-02-2020, páx. última).

Académicas

Só 27 dos 200 académicos en Galiza son mulleres.

Minia ManteigaA Astrofísica Minia Manteiga ingresou o mércores 4 de marzo do 2020 na de Ciencias.

Elena OcampoA xornalista Elena Ocampo, nun extenso traballo,  (páxs. 36 e 37,Faro 5 marzo 2020) fai un percorrido polas seis Reales Academias Galegas (Lingua, Farmacia, Belas Artes, Ciencias, Medicina e Xurisprudencia) nas que dun total de 200 académicos, só 27 son mulleres.

Coa incorporación de Minia Manteiga en Ciencias son 4 mulleres dun total de 33.

Os datos reflexan o desequilibrio entre mulleres e homes

Non é que a min me preocupe a presenza de máis homes ou máis mulleres; o que si creo é que deben estar as persoas máis capaces, pero diante dos datos tan diferenciados coido que ao longo dos tempos puidéronse dar dúas circunstancias: unha, que as mulleres accederan moito menos a estas carreiras e doutra banda, que as organizacións consideraran que a estes niveis só podían chegar os homes. E como esta tendencia prodúcese nas seis academias, tal parece que ese sexa o motivo de semellante desequilibrio.

Da nova académica recollo un apartado do seu discurso.

“A escasa presenza de investigadoras é unha anomalía que non reflexa contribución da muller na ciencia”.

Eis a situación da muller en comparación co home nos espazos de responsabilidade  tanto nas ciencias como nas letras.

Vaia esta pequena recolleita como homenaxe a tantas mulleres que se dedican a traballar en  silencio a prol dun mundo mellor. Lembralas no mes da “Muller Traballadora” é  a miña obriga.

 

 

 

Telmo Comesaña

Marzal 2020