Glaucopis: Boletín de Estudos vigueses

MARTA G.BREA. 4.2.16, VIGO.- PRESENTACION DE LA EDICION NUMERO 20 DEL BOLETIN "GLAUCOPIS" DEL INSTITUTO DE ESTUDIOS VIGUESES. Y MIEMBROS FUNDADORES DEL INSTITUTO AL CUMPLIRSE SU 25 ANIVERSARIO.
MARTA G.BREA. 4.2.16, VIGO.- Presentación de la edición número 20 del boletin “GLAUCOPIS”  Miembros fundadores al cumpirse su 25 aniversario.

 

Días atrás recibín o convite do IEV (Instituto de Estudos Vigueses), para asistir a celebración do 25 aniversario da Institución o día 29 de novembro do ano no que andamos. No acto presentouse o que denominan,  “Glaucopis, Boletín de Estudos Vigueses”)

 

 

unnamed

Glaucopis

Epíteto de Athenea, deusa grega da sabeduría, protectora das artes pacíficas, inventora da construcción de barcos e defensora por excelencia das cidades. (Párrafo copiado dun libro)

O Glaucopis, cun formato de libro de 24 x 17 cm, e con centos de páxinas, non é unha revista, é un libro cos traballos de persoas integrantes no IEV,e tamén de persoas que investigan e para publicar atopan a axuda do Instituto.

Información que aporta.

O fundamento do IEV, é para dar a  coñecer a história de Vigo e bisbarra en todas as facetas, dende a prehistória ata a actualidade.

glaucopis-11Nos Glaucopis destes 25 anos pódese atopar: arqueoloxía, arquitectura, artesanía, fotografía,  economía, xornalismo, industria, medios de transporte, toponímia, xeografía, acontecementos máis sobesaíntes  na cidade,  história da guerra mundial e do levantamento fascista en Vigo e as súas consecuencias, máis os acontecementos durante a ditadura, retorno das tropas de Cuba e Filipinas do ano 1898, colonia alemana en Vigo,  como se pasaron os anos da fame nesta cidade e un sinfín de artigos de diversos  procesos.

Sen dúbida que para coñecer Vigo o mellor é achegarse aos Glaucopis.

Como naceu e quenes forman o Instituto na actualidade.

Un grupo de homes novos, con carreiras universitarias na maioría e con inquedanzas por facer algo pola cidadanía: historiadores, arquitectos, xornalistas, avogados, mestres e profesores, investigadores, homes e mulleres decididos a facer un traballo en equipo.

Ó principio estuveron acollidos a Fundación “Pro-Vigo”, estando actualmente en Cánovas del Castillo, nº 2 – 2º andar Vigo

Remato con Parabéns o IEV e a distinción agarimosa para Mª Dolores Rivera, “almamáter” da organización.

 

Texto: Telmo Comesaña     Novembro 2016

Un comentario en “Glaucopis: Boletín de Estudos vigueses

  • el 10/12/2016 a las 8:51 am
    Permalink

    Es importante contar con grupos y gentes así para dinamizar y mantenr viva la cultura e la ciudad.

Los comentarios están cerrados.

A %d blogueros les gusta esto: