Fotos curiosas
Sen desperdicio
Mestura a base de carteis de vía rápida, mais somieres? Non lle falta de nada
Vela eiquí un buzón en Sober
«Un día o carteiro díxome que tiña que poñer eiquí un buzonciño, pero nós case non residimos nesta casa. Vivimos en Ourense e soamente vimos as fins de semana. Isto témolo coma un enredo, polo que case non recibimos cartas, como moito, a da luz e pouco máis. A antiga cociña tíñaa fóra para apoiar alí a máquina do sulfato. Entón, de repente ocorréuseme a idea e pensei que podía ter unha dobre función. Díxenlle ao rapaz que puxese nela o título de buzón e xa está».
Germán