Festival Nadal
O pasado martes día 20 o Centro Sociocomunitario de Coia celebrou un ano máis o seu festival de Nadal.
Resultou ser un acto moi animado e ao que acudiu moita xente.
O grupo de teatro Cascabéis abriu o festival e arrincou as risas do público coa súa obra “Carta de América”.
Seguidamente contamos coa presenza dos nosos xa coñecidos grupos de Pandeiretas, Armónicas, o coro de Cordas e Voces, os Bohemios e o recentemente formado grupo Xeito. Todos eles animaron aos presentes e ata levantou á xente a bailar.
Contamos tamén coa presenza do grupo de sevillanas “Ondiñas Flamencas” que nos ofreceron o seu bo facer.
Ademais dedicáronnos unhas palabras Miguel Correa e Candela Fernández, quen nos deleito cunha panxoliña e gozamos da guitarra de Carlos Monteagudo.
O grupo de pilates, danzas e baile de Víctor, felicitounos o Nadal dun xeito moi especial.
Redacción
El grupo Ondiñas Flamencas agradece al centro su invitación al evento y os desea a todo el equipo que formáis “Felices Fiestas”. Gracias Amig@s.
Agradezo a todos os grupos artísticos e demais participantes que fixeron posible unha vez máis o poder levar a cabo este festival de Nadal, aos voluntarios da revista por dar a coñecer todo o bo que se pode vivir no noso Centro e tamén aos usuarios pola súa asistencia. Grazas a todos pola súa colaboración e felices festas e ano novo para todos e todas de parte dos traballadores do Centro.