Festival de Nadal
O pasado día 14 de decembro o Centro Sociocomunitario de Coia celebrou como cada ano, o Festival de Nadal. O esencial deste Festival é conseguir reunir a moitos usuarios do noso Centro que se achegan a acompañarnos para compartir unha agradable tarde.
Para iso contamos cos nosos xa coñecidos grupos musicais, Cuerdas y Voces, Os Bohemios ou Xeito e o grupo de armónicas e de pandeiretas.
Tampouco faltou á cita o grupo de teatro “Os Cascabéis” coa obra “O abuelo e as tecnoloxías” nin os poetas Candela e Miguel.
A todos eles e a todos os asistentes ao acto, agradecer a súa presenza e desexarlles unhas moi felices festas.
Redacción