Festival de Nadal 2018
O día 13 de decembro, tivo lugar no Salón do noso Centro Sociocomunitario, o tradicional Festival de Nadal, amenizado unha vez máis polos nosos grupos musicais, sen os cales non sería posible a culminación deste acto tan entrañable.
Abría o acto o grupo de pandeiretas coordinado pola súa monitora María. A continuación o grupo de Teatro “Os Cascabeis” deleitáronnos coa súa adaptación da obra de Lope De Rueda “La tierra de Jauja” . Seguidamente tocoulles a quenda ao grupo de guitarras Cordas e Voces, coa dirección, nesta ocasión , de María Angeles. O grupo de armónicas tocáronnos as súas pezas acompañados polo público coas súas palmas. Non faltou o monólogo de Miguel Correa. E para animar a bailar o grupo Xeito e os Bohemios que unha vez máis finalizaron a súa actuación co “Que ten Vigo” a petición do público asistente.
Acompañounos nesta ocasión Doña Marta Iglesias Bueno, Xefa Territorial de Vigo, sempre presente nos nosos actos cando a súa axenda llo permite e sempre apoiando aos Centros Sociocomunitarios.
Tamén quero animar desde aquí ás persoas que non nos puideron acompañar por motivos de saúde e desexarlles unha pronta mellora.
Como colofón, brindar con sidra e roscón por unhas boas festas e un próspero aninovo, cos usuarios presentes no evento, cos que compartimos unha tarde entretida, agradable e divertida.
Grazas a todos e a todas e felices festas
Texto: Lucía
Fotos: José Antonio y Paco
Vìdeo: José Antonio